DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2004 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dun servicio para o desenvolvemento dunha nova nómina de persoal da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral do CIXTEC.

c) Número de expediente: 7/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dun servicio para o desenvolvemento dunha nova nómina de persoal da Xunta de Galicia.

b) Prazo de execución: desde a sinatura do correspondente contrato ata o 31 de decembro de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón douscentos mil euros (1.200.000 A), IVE engadido.

Ano 2004: 600.000 A.

Ano 2005: 600.000 A.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento base de licitación: 24.000 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

O estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 26 de abril de 2004.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: CIXTEC.

2º Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3º Localidade e código postal: 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 3 de maio de 2004.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios irán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 5 de marzo de 2004.

12. Páxina web onde poden obterse os pregos: www.cixtec.es.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2004.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria Económico-Financeira e Contable