De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da Sección de Inspeccións e Sanción da delegación provincial, e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas ale
gacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Ourense, 8 de marzo de 2004.
José Elier Ojea Ureña
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente nº E.S. OU-01/2004.
Responsable: Antolín González Fernández.
Enderezo: rúa Pablo Iglesias, nº 4-1º esq., 32004 Ourense.
Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, de promoción pública, a domicilio habitual e permanente.
Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).
Sanción proposta: 610 euros.
Expediente nº E.S. OU-02/2004.
Responsable: José Antonio Iglesias Rey.
Enderezo: rúa Pablo Iglesias, nº 8, bl. II, 3º dta., 32004 Ourense.
Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, de promoción pública, a domicilio habitual e permanente.
Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).
Sanción proposta: 610 euros.