O Concello Pleno de Campo Lameiro, en sesión celebrada o día 16 de febreiro de 2004, prestou aprobación inicial á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Campo Lameiro para creación dun parque empresarial, que se situará no lugar denominado A Facha, lugar de Redonde (sito de forma paralela á estrada PO-223 e inmediatamente ó sur da entidade de Redonde).
O obxecto deste proxecto é a reclasificación dun ámbito de solo non urbanizable común e de solo rústico de protección forestal de 107.681,80 m como solo urbanizable non delimitado (SUND), para a creación dun parque empresarial.
En cumprimento do establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, por espacio dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que, durante o dito prazo, poida examinarse o expediente na secretaria do concello e formularse as alegacións procedentes, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.
Campo Lameiro, 17 de febreiro de 2004.
Julio Sayáns Bugallo
Alcalde