DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-493).

Por resolución desta alcaldía nº 677/2004, do 11 de febreiro de 2004, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade de conservación do plan parcial As Galeras, polígono I, do SUNP E, en Bastiagueiro-Liáns. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 8.30 a 13.00 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no DOG, prazo no cal se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 18 de febreiro de 2004.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente