DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2004, do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, polo que se fan públicas as bases para a contratación dun administrativo de Administración xeral.

O Consello de Administración, en sesión que tivo lugar o día 10 de febreiro de 2004, aprobou as bases para a contratación en réxime laboral fixo, a través de promoción interna, dun administrativo de Administración xeral.

Por iso, e en uso das facultades que me confire a vixente Lei de réxime local, e os estatutos do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo, e a delegación da presidencia deste organismo, outorgada pola alcaldesa-presidenta con data do 17 de decembro de 2003, procedo a convoca-las probas selectivas correspondentes, conforme as seguintes bases:

Obxecto da convocatoria:

A provisión dunha praza de administrativo de Administración xeral vacante no cadro de persoal do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

A alínea c) do B) da base VIII) pasa a contar coa seguinte redacción:

Tribunal cualificador:

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

Presidente: o presidente do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo ou membro do Consello de Administración en quen delegue.

Secretario: o secretario-delegado do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo ou técnico de Administración xeral do concello designado polo presidente.

Vocais: tres representantes do Consello de Administración e tres representantes do persoal, designados polo seu delegado, que conten coa condición de persoal funcionario de carreira ou laboral de Administración.

Asesor: o xefe do servicio correspondente a especialidade ou, no seu defecto, un técnico cualificado designado pola presidencia.

Xunto cos titulares designaranse os suplentes. Todos eles, agás o presidente, deberán contar cun nivel de titulación igual ou superior ó esixido para o acceso ós postos.

Por último, o tribunal contará coa asistencia técnico-administrativa dun empregado da oficina administrativa do organismo autónomo.

O tribunal non poderá declarar que superou as probas un número de aspirantes superior ó de postos convocados.

En canto á actuación do tribunal e axudas de custo por asistencia, aplicaranse as mesmas previsións que polos tribunais de selección de funcionarios.

3. Aproba-las seguintes bases específicas para as probas de administrativo de Administración xeral.

1. Número de postos: 1.

2. Características:

En réxime laboral, equiparada ó grupo C) de titulación e coas retribucións complementarias que figuran na vixente relación de postos de traballo para o posto ó que resulte adscrita a praza.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

As condicións de traballo serán as establecidas no convenio colectivo do persoal do Concello de Vigo, ó que será adherido o persoal do organismo autónomo.

3. Sistema de selección:

Establécese o de concurso-oposición, e reservarase a praza para promoción interna entre auxiliares de Administración xeral do organismo autónomo.

A fase concurso valorarase de conformidade co previsto na base XII das xerais.

4. Condición dos aspirantes:

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou contar con dez anos de antigüidade desempeñando o posto de auxiliar administrativo.

Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV) das xerais.

5. Exercicios da oposición:

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa que figura como anexo a estas bases.

O número de preguntas non poderá ser inferior a 40, e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio en función do número de preguntas, sen que poida ser inferior a 60 minutos.

Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.

Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver dous casos prácticos propostos polo tribunal, que finaliizarán nun informe-proposta ó órgano competente para resolver, en materias relacionadas co temario anexo, nun prazo máximo de 2 horas.

Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba de coñecementos no nivel de usuario de contornos operativos Windows ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (ms Office ou similar) e de utilidades básicvas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o tribunal.

A cualificación de cada exercicio e a final farase conforme o previsto na base X das xerais, cualificándose os exercicios de 0 a 10puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

ANEXO

Temario

Primeira parte.-Dereito político e constitucional.

Tema 1.-O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

Tema 2.-A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3.-A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5.-A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

Tema 6.-O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 7.-O estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Segunda parte.-Dereito administrativo.

Tema 1.-A unión Europea. A Acta Única Europea. Exame xeral da Acta de Adhesión de España á Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 2.-As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 3.-A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 4.-A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción de Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5.-A Administración pública da comunidade autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 6.-Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 7.-Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei: as súas clases.

Tema 8.-O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 9.-Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 10.-Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 11.-A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 12.-Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 13.-Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.

Tema 14.-As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 15.-O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Terceira parte.-Administración local.

Tema 1.-O réxime local español: principios constitucionais.

Tema 2.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3.-Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 4.-O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5.-Organización municipal.

Tema 6.-Competencias municipais.

Tema 7.-Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 8.-A función pública local e a súa organización.

Tema 9.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 10.-Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 11.-Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 12.-As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 13.-O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 14.-Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 15.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 16.-Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 17. Facendas locais. Clasificacións dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 18.-Os orzamentos locais. Contabilidade e contas. No non previsto nestas anteriores bases específicas serán de aplicación as xerais do Concello de Vigo publicadas no BOP do 5 de maio de 2003 e no Diario Oficial de Galicia do 15 de maio de 2003.

O presidente e coa maior urxencia, procederá á convocatoria das referidas probas de acordo con estas bases.

Vigo, 18 de febreiro de 2004.

José Manuel Couto Pérez

Presidente do organismo autónomo

Parque das Ciencias Vigo-Zoo