DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Martes, 30 de marzo de 2004 Páx. 4.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

CORRECCIÓN de erro material na documentación escrita do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico, referido ao nivel de protección do predio número 7 da rúa Dona Tareixa, esquina á avenida de Santa María.

O Pleno da Corporación, en sesión do 19 de decembro de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Rectificar, por instancia de María Elena García Bugallo, o erro material aparecido no predio nº 1-15-07, integrante do texto refundido completo do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión do 27 de febreiro de 2003, e correspondente ao edificio sito na rúa Dona Tareixa, nº 7, esquina

avda. Santa María, corrixindo o nivel de protección, de estrutural a ambiental A na referida ficha do catálogo, consonte a alegación no seu día estimada e tal e como se reflicte nos planos de alzados de proposta.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto poderá interpoñer directamente quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime procedente conforme a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2004.

Julio Dapena Outomuro

Secretario general

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente