Na data do 11 de marzo de 1999 o Consello da Xunta de Galicia acordou, en base ao disposto no artigo 4 do Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír e garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de flora e fauna silvestre, a remisión á Unión Europea dunha relación de lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000.
A proposta galega á Rede Europea Natura 2000 prevé unha serie de lugares para os que é necesario aplicar o marco legal previsto na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Esta necesidade de protección deriva da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, transposta ao dereito español, a través do Real decreto 1997/1995 que establece a obriga de manter -ou se é o caso restablecer- nun estado de conservación favorable, os tipos de hábitats naturais e taxones que formen parte de cada proposta, até mentres a Unión Europea non aprobe definitivamente os listados de Lugares de Importancia Comunitaria; así mesmo tamén se incluirán as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) declaradas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, regula no seu artigo 16, a Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, definíndoa como aqueles espazos que polos seus valores ou intereses naturais, culturais, científicos, educativos ou paisaxístico sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica. O parágrafo terceiro deste artigo dispón ademais que nesta zona se incluirán tamén as zonas especiais de conservación que conforman a Rede Natura 2000, creada ao abeiro das Directivas 79/409/CEE e 92/43/CEE, e que non teñan outra figura de protección das previstas nesta lei.
Polo tanto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dous de abril de dous mil catro,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.
1. Decláranse como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais os espazos naturais que se relacionan a continuación e que se identifican nos anexos deste decreto:
a) Anexo I: zonas propostas como Lugares de Importancia Comunitaria para formar parte da rede Natura 2000.
b) Anexo II: lugares declarados como Zona de Especial Protección para as Aves consonte a Directiva 79/409/CEE, relativa á conservación das aves silvestres.
2. De conformidade co artigo 10.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os espazos naturais incluídos na figura de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais intégranse na Rede galega de espazos protexidos.
Artigo 2º.-Usos e actividades.
1. De acordo co establecido no artigo 16.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os usos e actividades que se viñan realizando nestes espazos e que non vulneren os seus valores naturais, pódense seguir levando a cabo, do xeito tradicional.
2. A realización de actividades non previstas anteriormente, e que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos requirirán autorización previa da Consellería de Medio Ambiente.
Artigo 3º.-Réxime cinexético.
As Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais manterán o réxime cinexético que tiñan antes da súa declaración, sen prexuízo de que os instrumentos de planificación que se é o caso se elaboren, dispoñan outra cousa.
Disposicións adicionais
Primeira.-Habilítase a Consellería de Medio Ambiente para propoñer a modificación dos termos establecidos neste decreto para o suposto de que a Unión Europea formulase observacións á proposta galega de Lugares de Importancia Comunitaria.
Segunda.-De conformidade co artigo 9.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no ámbito territorial dun espacio natural poderán coexistir distintas categorías de espazos naturais protexidos. Nestes caso prevalecerá réxime de protección específico.
Disposición derrogatoria
Única.-Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste decreto e, en concreto:
-Decreto 157/1995, do 3 de xuño, polo que se incluén as zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón, Ría de Ortigueira, Lagoa e Areal de Valdoviño e Ría do Eo, no rexistro xeral de Espazos Naturais de Galicia.
-Decreto 165/1999, do 20 de maio, polo que se declara definitivamente o encoro de Abegondo-Cecebre como espazo natural en réxime de protección xeral.
-Decreto 219/2000, do 21 de xullo, polo que se declara definitivamente a Lagoa do Rei como espacio natural en réxime de protección xeral.
-Orde do 9 de xuño de 2003 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espazos naturais en réxime de protección xeral.
Disposición derradeira
Esta disposición entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo), dous de abril de dous mil catro.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO I
Nome Concellos
Lic Es1110001 Ortigueira - Mera
Lic 1110002 Costa Ártabra
Lic Es1110003 Fragas do Eume As Pontes de García Rodríguez
Lic Es1110004 Encoro de Abegondo-Cecebre
Oza dos Ríos
Lic Es1110005 Costa da Morte
Lic Es1110006 Complexo Húmido de Corrubedo Lic Es1110007 Betanzos-Mandeo
Lic Es1110008 Carnota-Monte Pindo
Lic Es1110009 Costa de Dexo Lic Es1110010 Estaca de Bares Lic Es1110011 Esteiro do Tambre Porto do Son
Lic Es1110012 Monte e Lagoa de Louro Lic Es1110013 Xubia-Castro A Capela, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez
Lic Es1110014 Serra do Careón
Lic Es1110015 Río Anllóns
Lic Es1110016 Río Tambre
Lic Es1120001 Ancares-Courel
Lic Es1120002 Río Eo
Lic Es1120003 Parga-Ladra-Támoga
Lic Es1120004 A Marronda Lic Es1120005 As Catedrais Lic Es1120006 Carballido Ribeira de Piquín
Lic Es1120007 Cruzul-Agüeira Lic Es1120008 Monte Faro Lic Es1120009 Monte Maior Lic Es1120010 Negueira Lic Es1120011 Ría de Foz-Masma Lic Es1120012 Río LandroOrtigueira - Mera (3.868 ha)
Cariño, Cerdido, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas
Costa Ártabra (7.546 ha)
Ares, Cariño, Cedeira, Ferrol, Mugardos, Narón, Ortigueira e Valdoviño
Fragas do Eume (9.127 ha)
Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e
Encoro de Abegondo-Cecebre (493 ha)
Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral e
Costa da Morte (11.809 ha)
Arteixo, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo
Complexo Húmido de Corrubedo (9.265 ha)
Porto do Son e Ribeira
Betanzos-Mandeo (1.020 ha)
Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Oza Dos Ríos e Paderne
Carnota-Monte Pindo (4.674 ha)
Carnota, Cee, Dumbría, Corcubión e Mazaricos
Costa de Dexo (347 ha)
Oleiros
Estaca de Bares (852 ha)
Ortigueira e Mañón
Esteiro do Tambre (1.581 ha)
Brión, Negreira, Noia, Outes e
Monte e Lagoa de Louro (1.096 ha)
Carnota e Muros
Xubia-Castro (2.074 ha)
Narón, Neda, San Sadurniño, Moeche,
Serra do Careón (6.662 ha)
Agolada, Friol, Melide, Palas de Rei, Santiso e Toques
Río Anllóns (162 ha)
Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Ponteceso
Río Tambre (583 ha)
Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Tordoia e Trazo
Os Ancares-O Courel (102.562 ha)
Becerreá, Cervantes, Folgoso de Courel, O Incio, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos e Triacastela
Río Eo (1.003 ha)
A Fonsagrada, Meira, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Riotorto e Trabada
Parga-Ladra-Támoga (4.938 ha)
Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba e Xermade
A Marronda (1.239 ha)
Baleira e A Fonsagrada
As Catedrais (297 ha)
Barreiros e Ribadeo
Carballido (4.828 ha)
A Fonsagrada , A Pontenova e
Cruzul-Agüeira (652 ha)
Becerreá e As Nogais
Monte Faro (2.988 ha)
Carballedo, Chantada e Rodeiro
Monte Maior (1.247 ha)
Viveiro e Xove
Negueira (4.558 ha)
Negueira de Muñiz
Ría de Foz-Masma (643 ha)
Barreiros, Foz, Lourenzá e Mondoñedo
Río Landro (127 ha)
Ourol e Viveiro
Nome Concellos
Lic Es1120013 Río Ouro Lic Es1120014 Canón do Sil Parada de Sil e Sober
Lic Es1120015 Serra do Xistral
Lic Es1120016 Río Cabe
Lic Es1120017 Costa da Mariña Occidental Lic Es1130001 Baixa Limia
Lic Es1130002 Macizo Central
Lic Es1130003 Bidueiral de Montederramo Lic Es1130004 Pena Veidosa (2.321 ha) Lic Es1130005 Río Támega Lic Es1130006 Veiga de Ponteliñares Lic Es1130007 Pena Trevinca
Lic Es1130008 Pena Maseira Lic Es1130009 Serra da Enciña da Lastra Lic Es0000001 Illas Cíes Lic Es1140001 Sistema Fluvial Ulla-Deza
Lic Es1140002 Río Lérez Lic Es1140003 A Ramallosa Lic Es1140004 Complexo Ons O Grove
Lic Es1140005 Monte Aloia Lic Es1140006 Río Tea
Lic Es1140007 Baixo Miño
Lic Es1140008 Brañas de Xestoso Lic Es1140009 Cabo Udra Lic Es1140010 Costa da Vela Lic Es1140011 Gándaras de Budiño Lic Es1140012 Illas Estelas Lic Es1140013 Serra do Candán Lic Es1140014 Serra do Cando Lic Es1140015 Sobreirais do Arnego Lic Es1140016 Enseada de San Simón e Vilaboa
Río Ouro (109 ha)
Alfoz, Foz e O Valadouro
Canón do Sil (5.914 ha)
Nogueira de Ramuín, Pantón,
Serra do Xistral (22.964 ha)
Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, Ourol, As Pontes de García Rodríguez, O Valadouro, Vilalba, Viveiro, Xove e Xermade
Río Cabe (1.787 ha)
Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón e Sober
Costa da Mariña Occidental (491)
O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo
Baixa Limia (33.920 ha)
Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea
Macizo Central (45.829 ha)
O Bolo, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Laza, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Pobra de Trives, Quiroga, Viana do Bolo e Vilariño de Conso
Bidueiral de Montederramo (1.984 ha)
Montederramo e Vilar de Barrio
Pena Veidosa (2.321 ha)
Carballedo e San Cristovo de Cea
Río Támega (630 ha)
Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín
Veiga de Ponteliñares (160 ha)
Porqueira e Rairiz de Veiga
Pena Trevinca (24.894 ha)
O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Manzaneda, A Veiga e Viana do Bolo
Pena Maseira (5.715 ha)
A Gudiña e A Mezquita
Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha)
Rubiá
Illas Cíes (990 ha)
Vigo
Sistema Fluvial Ulla-Deza (1.633 ha)
Ames, Brión, Catoira, Dodro, A Estrada, Boqueixón, Padrón, Pontecesures, Rianxo, Rois, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra e Vila de Cruces
Río Lérez (149 ha)
Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra
A Ramallosa (92 ha)
Nigrán e Baiona
Complexo Ons - O Grove (7.608 ha)
Bueu, Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo
Monte Aloia (783)
Tui
Río Tea (357 ha)
O Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño
Baixo Miño (2.871 ha)
Arbo, A Cañiza, Crecente, A Guarda, As Neves, Padrenda, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui
Brañas de Xestoso (1.077 ha)
A Estrada, Forcarei e Silleda
Cabo Udra (623 ha)
Bueu e Cangas
Costa da Vela (1.419 ha)
Cangas
Gándaras de Budiño (727 ha)
O Porriño, Salceda de Caselas e Tui
Illas Estelas (725 ha)
Nigrán
Serra do Candán (10.699 ha)
Beariz, Forcarei, O Irixo, Lalín e Silleda
Serra do Cando (5.458 ha)
Beariz, Cerdedo, Cotobade, Forcarei e A Lama
Sobreirais do Arnego (1.124 ha)
Agolada, Lalín e Vila de Cruces
Enseada de San Simón (2.218 ha)
Moaña, Pontevedra, Redondela, Soutomaior
ANEXO I
Nome Concellos
Zepa Es0000001 Illas Cíes Zepa Es0000085 Ribadeo Zepa Es0000086 Ría de Ortigueira e Ladrido
Zepa Es0000087 Complexo Intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira
Zepa Es0000176 Costa da Morte (Norte)
Zepa Es0000254 Illa de OnsIllas Cíes (990 ha)
Vigo
Ribadeo (536 ha)
Ribadeo e Trabada
Ría de Ortigueira e Ladrido (3.025 ha)
Cariño e Ortigueira
Complexo Intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira (2.813 ha)
Cambados, A Illa de Arousa, Meaño, O Grove, Ribadumia e Sanxenxo
Costa da Morte (Norte) (7.962 ha)
Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso
Illa de Ons (924 ha)
Bueu
Nome Concellos
Zepa Es0000258 Costa de Ferrolterra Valdoviño Zepa Es1130009 Serra da Enciña da Lastra Zepa Es0000313 Complexo Litoral de Corrubedo Zepa Es0000372 Costa da Mariña Occidental Zepa Es0000373 Ría de Foz Zepa Es0000374 Ancares Zepa Es0000375 Esteiro do Miño Zepa Es0000376 Serra do Xurés
Costa de Ferrolterra - Valdoviño (4.266 ha)
Ferrol, Narón e Valdoviño
Serra da Enciña da Lastra (1.742 ha)
Rubiá
Complexo Litoral de Corrubedo (971 ha)
Ribeira
Costa da Mariña Occidental (2.169 ha)
O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo
Ría de Foz (564)
Foz e Barreiros
Ancares (12.564 ha)
Cervantes e Navia de Suarna
Esteiro do Miño (1.688 ha)
A Guarda e O Rosal
Baixa Limia-Serra do Xurés (31.287 ha)
Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado e Verea