Obxecto do contrato: obras de execución dun pavillón polideportivo cuberto no SUNP-17 do Restollal (Paxonal).
Tipo de licitación: 999.457,68 euros, IVE incluído.
Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de 10 meses.
Forma de adxudicación: concurso e procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.
Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2, 3, 4 e 9 categoría e.
Documentación: Copy Estudio Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono 981 59 33 85.
Información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono 981 54 30 33. Fax 981 57 76 27.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º.3 do prego de cláusulas administrativas.
Garantía provisional: non se exixe.
Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 10.30 horas, o segundo día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura ralizarase o primeiro día hábil seguinte.
Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2004.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde

