DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 07 de xuño de 2004 Páx. 8.089

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

DECRETO 111/2004, do 3 de xuño, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

En atención aos méritos que, desde o punto de vista empresarial, así como, por ter sido protagonistas na historia da comunicación en Galicia, concorren en dous periódicos galegos que superaron

os cen anos de existencia, Faro de Vigo, 150 anos, e El Correo Gallego, 125 anos, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, é vontade do Goberno galego outorgarlles a súa máis alta distinción.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de acordo do Consello da Xunta de

Galicia na súa reunión do día tres de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Concederlles a Medalla de Ouro de Galicia a:

Faro de Vigo.

El Correo Gallego.

Santiago de Compostela, tres de xuño de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública