DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 05 de xullo de 2004 Páx. 9.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva e da normativa do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación número 18 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, avenida Eduardo Pondal, rúas Joaquín Costa, Doce de Novembro e Profesor Filgueira Valverde.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 23 de abril de 2004, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ao Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actua

ción nº 18 do PXOU, formulado mediante iniciativa particular polas entidades mercantís Lagar de Saín, S.A. e Construcuatro, S.A., Saturnino Mirón Gutiérrez en representación de Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., José Manuel Otero Rey e María Bernarda Otero Piñeiro, Estrella Guitián Álvarez e María del Pilar Osorio Guitián, Julia e María Rosa Dasilva Portela e Cándido David Janeiro Pan, e redactado polo arquitecto Luis Sarasquete Otero con visado da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 12-11-2002 e memoria de adaptación á Lei 9/2002, do 30 de decembro, intervida colexialmente o 25-3-2003, resolvéndose as alegacións formuladas na fase de información pública no sentido desestimatorio motivado nos informes expostos na parte expositiva e fundamentacións xurídicas precedentes, dada a conformidade o plan especial ao obxecto, criterios e determinacións da normativa urbanística e planeamento de ordenación integral do municipio, agás a alegación formulada polo

Sr. Pena González, que se estima e sen prexuízo de que no proxecto de compensación se poida determinar co alcance e efectos procedentes a posible titularidade da empresa Renfe de parte da superficie do predio 35 do plan, inicialmente atribuída ao concello.

Segundo.-Notificar este acto administrativo aos titulares e entidades propietarias afectadas polo ámbito do PERI e demais entidades e organismos interesados co ofrecemento do réxime procedente de recursos, con comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda nos termos do artigo 92 LOUGA, dándoselle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaría xeral do concello, facendo constar a dita circunstancia.

Terceiro.-Dispor a publicación de anuncio do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia facendo constar a remisión da documentación á consellería, e a publicación do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP para lograr a súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na lexislación de réxime local, concretamente nos artigos 70.2º e 65 LRBRL».

Faise constar expresamente que se remitiu á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia a documentación a que se refiere o artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, tendo entrada nese organismo o 8-6-2004.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer directamente os que se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde

o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedente consonte dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 8 de xuño de 2004.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente