DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 10 de setembro de 2004 Páx. 12.630

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 201/2004, do 9 de setembro, polo que se dispón que cese Juan Miguel Diz Guedes como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia Juan Miguel Diz Guedes, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, nove de setembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente