DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 17 de setembro de 2004 Páx. 12.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 15 do Plan Xeral de Ordenación Urbana rúa Pintor Laxeiro.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 21-5-2004, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ao Plan especial de reforma interior da Unidade de Actuación nº 15 do Plan Xeral de Ordenación Urbana deste termo municipal -polígono delimitado pola rúa Pintor Laxeiro, futura prolongación da avenida do sistema xeral da UA nº 14, A Parda e a Rúa dos Montes- formulado, mediante iniciativa particular, por Lar de Pontenova I, S.L. e redactado polo arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado con visado da delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de data 14-4-2004, que reforma e corrixe exclusivamente, respecto do documento exposto á información pública e visado o 10-7-2003, a identidade da promotora actual nos seus documentos a localización da edificación complementaria ao parque contabilizada no aproveitamento lucrativo privado e as tramas diferenciadoras de espazos libres e zonas verdes.

Segundo.-Notificar este acto administrativo ás entidades mercantís Lar de Pontenova I, S.L. e Promociones Garrido y Barros, S.L., afectadas polo ámbito do PERI e organismos interesados co ofrecemento do réxime procedente de recursos, con comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda nos termos do artigo 92 LOUGA, dándoselle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaría xeral do concello, facendo constar a dita circunstancia.

Faise constar expresamente que se remitiu a documentación á que se refire a art. 92.3º da Lei 9/2002 á CPTOPV, tendo entrada nese organismo en data 5-8-2004.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer directamente os que se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tibunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10-1-6) e 46-1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito, significándolle que o art. 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 7 de setembro de 2004.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente