DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 24 de setembro de 2004 Páx. 13.105

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

DECRETO 229/2004, do 23 de setembro, polo que se nomea directora xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade a Elisa Madarro González.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e logo de deliberación do Consello da

Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de setembro de dous mil catro,

Nomeo a Elisa Madarro González directora xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

Santiago de Compostela, vinte e tres de setembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado