A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por Resolución do 31 de marzo do 2004 (Diario Oficial de Galicia do 23 de abril) incoou expediente para a declaración de ben de interese cultural a favor da vila de Ribadeo.
A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.
Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de novembro do dous mil catro,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Declarar ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico, a vila de Ribadeo, provincia de Lugo.
Artigo 2º
A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación escrita contida no anexo I e no plano recollido no anexo II.
Artigo 3º
O presente decreto seralle notificado ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ao concello de Ribadeo e aos demais interesados no expediente.
Artigo 4º
O presente decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, once de novembro de dous mil catro.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo
ANEXO I
A delimitación do conxunto histórico da vila de Ribadeo (Lugo) queda definida do seguinte xeito:
Comeza a delimitación no punto 1 situado na estrada do Faro, á altura do edificio nº 5, para en liña quebrada saír á avenida de Calvo Sotelo englobando os edificios nº 1, 3 e 5 da estrada do faro e os nº 47 e 49 da avenida Calvo Sotelo.
Discorre polo eixe desta avenida ata o punto 2, situado tras o Teatro, onde xira en dirección oeste polas traseiras dos edificios nº 2, 4 e 6 da rúa San Roque, incluíndo a praciña de San Roque e o portalón antigo con fronte a esta praciña, e continúa pola rúa Lazurtegui ata o punto 3, pasada a parcela nº 3 desta rúa, onde vira en dirección sur polo lindeiro desta parcela uns 30 metros.
Desde aquí, avanza en dirección oeste coincidindo cos lindeiros traseiros das parcelas da rúa San Roque ata o punto 4 no encontro do Camiño das Picarolas. Sae á rúa Virxe do Camiño e continúa en dirección oeste pola liña de edificación ata o seu encontro coa estrada N-642, no punto 5. Baixa ata a confluencia da rúa Deano coa estrada N-642, no punto 6, para volver en dirección leste tamén pola liña de edificación ata o punto 7, situado no lindeiro da parcela nº 5 da rúa Virxe do Camiño.
Desde aquí, avanza uns 34 metros polo seu lindeiro oeste e, en liña quebrada, percorre as parcelas dos edificios que dan fronte á rúa San Roque, cruza a rúa Ramón González e continúa polo lindeiro NE da parcela nº 3 desta rúa. Vira en dirección sur coincidindo coas traseiras das parcelas nº 3, 5, 7, 9 e 11 da mesma rúa e vira en dirección leste para continuar polos lindeiros sur das parcelas con fronte á rúa Rodríguez Murias ata o punto 8 na rúa Reinante, logo de incluír os edificios nº 2 e 4 da dita rúa.
Avanza polo eixe da rúa Reinante en dirección sur ata chegar á avenida de Asturias, onde se sitúa o punto 9. Discorre pola avenida de Asturias, pero excluíndo os edificios nº 20, 18, 16, 14, 12, 10 e 8 ata o seu encontro coa rúa Clemente Martínez Pasarón, punto 10. Continúa polo límite norte da parcela do Parador ata chegar ao punto 11, na curva
na que conflúen a Baixada a Mirasol co Paseo Marítimo.
En liña recta, baixa ata o paseo marítimo e penetra no mar polo límite do peirao, continuando uns 100 metros desde o eixe do paseo marítimo ata chegar ao punto 12. Desde aquí, en paralelo co paseo marí
timo e, posteriormente distanciada aproximadamente 100 metros da liña de costa, avanza ata pasada a Punta do Castelo e penetra en terra ata o eixe da estrada do faro, onde se sitúa o punto 13. Desde aquí, a liña discorre pola estrada do faro en dirección sur ata pechar a delimitación no punto 1.

