DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se nomean os membros do xurado encargado da adxudicación dos premios Galicia de Comunicación 2004.

A base quinta da Orde do 8 de xullo de 2004, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 138, do 19 de xullo de 2004, pola que se convocan os Premios Galicia de Comunicación 2004, sinala que o xurado ou xurados para a adxudicación destes premios serán nomeados polo secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos e estará integrado por per

soas escollidas polos seus coñecementos nas materias obxecto dos premios. Na súa virtude,

RESOLVO:

Designar como membros do xurado encargado de adxudicar os Premios Galicia de Comunicación 2004 ás seguintes persoas:

-Francisco Gómez Soto, director do semanario España Exterior, que actuará como presidente.

-Alberto Fernández Rodríguez, director de Galicia TV e responsable de Informativos de Televisión de Galicia, como vogal.

-Javier Castro Dopico, director rexional da Cadea COPE en Galicia, como vogal.

-José Ferrín Abal, redactor gráfico da Axencia Galega de Noticias, como vogal.

-Juan Carlos Varela Castiñeiras, redactor-xefe do Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2004.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral para as Relacións cos Medios

Informativos