DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres da Comunidade Autónoma galega.

Visto o acordo acadado pola comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres, na reunión do 25 de outubro de 2004, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2004.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da xuntanza ordinaria da comisión paritaria do convenio colectivo de pompas fúnebres de Galicia.

En Santiago de Compostela, sendo as once horas do día vinte e cinco de outubro de dous mil catro, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de pompas fúnebres de Galicia, integrada polas seguintes persoas:

-En representación da parte empresarial:

Fernando Ruiz Posse (Pompas Fúnebres de A Coruña, S.A.), que actúa tamén en representación de Juan Carballido Engroba (empresa Funeraria Lamas, de Lugo).

Emilio Francisco Martínez Pérez (Pompas Fúnebres del Miñor).

-En representación da parte social:

Pedro Pablo López Fernández (FES-UGT Galicia), que asume a representación de Carlos Barrientos Porras (FES-UGT Galicia).

Victoria Pumar Carrión (SN de CC.OO. de Galicia).

Asiste á xuntanza Demetrio Fernández López, presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

Logo das oportunas deliberacións e debate, acordan o seguinte:

Aprazar a posta en marcha do plan de pensións de emprego para o sector, previsto no artigo 25 do convenio colectivo autonómico de pompas fúnebres (non así os seus efectos, que se manteñen nos termos expresados no citado artigo). Este aprazamento manterase mentres non resolva a Dirección Xeral de Seguros a consulta efectuada pola comisión promotora do citado plan con data 28 de setembro de 2004.

E non tendo máis asuntos que tratar, dáse por rematada a xuntanza, estendéndose a presente acta, que asinan os asistentes, por triplicado exemplar, en Santiago de Compostela o vinte e cinco de outubro de dous mil catro.