DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 17 de decembro de 2004 Páx. 17.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de decembro de 2004 pola que se resolve a convocatoria de axudas ao estudo de carácter especial, durante o curso académico 2004-2005, para estudantes non universitarios matriculados en centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, como medida para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

Por Orde do 11 de outubro de 2004 (DOG do 15 de outubro) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas ao estudo de carácter especial, durante o curso académico 2004-2005, para estudantes non universitarios matriculados en centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, como medida para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

Vistas as propostas elevadas polas comisións provinciais nomeadas para o efecto e de conformidade co previsto na base novena da convocatoria de referencia,

RESOLVO:

1. Conceder con cargo á partida orzamentaria 07.01.323A.480.0 dos orzamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o presente ano as axudas que, cos datos identificativos dos seus beneficiarios e as súas respectivas contías económicas, se recollen nas correspondentes listaxes expostas, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Denegar as axudas solicitadas, que, con especificación das causas da súa denegación, se relaciónan nas correspondentes listaxes expostas, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Autorízase a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

4. Contra esta orde, que resolve a convocatoria das axudas ao estudo de carácter especial, durante o curso académico 2004-2005, para estudantes non universitarios matriculados en centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, como medida para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige, poderán potestativamente os interesados interponer recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, ou ben directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2004.

Celso Currás Fernandez

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO