O Decreto 228/2002, do 20 de xuño, constitúe o marco normativo polo que se regula a concesión de subvencións para a rehabilitación protexida de vivendas situadas no medio rural de Galicia.
O seu artigo 6 dispón que estas axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que cuantificarán as dispoñi
bilidades orzamentarias que se poidan consignar en cada exercicio económico.
A súa disposición derradeira faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para ditar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.
En uso da referida autorización,
DISPOÑO:
Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo 6 do Decreto 228/2002, do 20 de xuño, determínase:
1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as axudas do Decreto 228/2002, é a 06.60.331A.781.0.
2. O importe máximo destas axudas que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2005 será de 11.780.000 A.
3. O importe máximo destas axudas poderá incrementarse en función das solicitudes que obteñan a declaración definitiva de rehabilitación protexida e en función das dispoñibilidades orzamentarias con cargo á mesma aplicación.
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2005.
Alberto Núñez Feijoo
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda

