DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2005 Páx. 2.984

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de febreiro de 2005 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Manuel Fraga Iribarne.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Manuel Fraga Iribarne, con domicilio en Vilalba (Lugo).

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vilalba (Lugo), o día dezanove de xullo de dous mil catro, ante o notario Juan Cora Guerreiro, co número mil sesenta e seis do seu protocolo por Carlos Robles Piquer, Feliciano Barrera Fernández, José-María García Leira, José Apenela Rodríguez, María-Blanca Fraga Lago, Enrique Santín Díaz, Teresa-Amadora Fraga Iribarne, José Iturmendi Morales, Francisco Puy Muñoz, Francisco Sanabria Martín, Ana Pastor Julián, Gerardo Fernández Albor, Ramón Villares Paz, Mariano Rajoy Brey, Josep María Santacreu Marginet, José Manuel Romay Beccaría, Juan Velarde Fuertes, Alejandro Muñoz-Alonso Ledo, Rodolfo Martín Villa, Miguel Ángel Planas, Luis Fraga Egusquiaguirre, Loyola de Palacio del Vallelersundi e Abel Matutes Juan. Todos eles interveñen en nome propio. Esta escritura foi emendada por outra posterior outorgada en Madrid o dous de febreiro de dous mil cinco ante o notario Ignacio Solis Villa, con número de protocolo cento corenta

e tres.

3. Son fins da fundación, segundo establece o artigo catro dos estatutos, a conservación e uso proveitoso da casa natal de Manuel Fraga en Vilalba (Lugo), facendo dela museo, arquivo, biblioteca e centro de actividades onde se reúnan e utilicen as pertenzas e libros achegados principalmente por quen dá nome á entidade, así como a documentación produto da súa longa e fértil vida intelectual e pública e o que con ela estea relacionado, poñendo todo iso á disposición dos estudosos e especialmente de historiadores e politólogos.

A realización e axuda á realización de estudos e investigacións científicas sobre a obra persoal e a produción escrita de Manuel Fraga, e sobre o pensamento humanista cristián en que se fundamentan ambas, así como sobre o ámbito das ideas que, dentro e fóra de España, inspiraron e acompañaron o seu pensamento político.

4. O padroado da fundación estará integrado por: Carlos Robles Piquer, Feliciano Barrera Fernández, José-María García Leira, José Apenela Rodríguez, María-Blanca Fraga Lago, Alejandro Muñoz-Alonso Ledo, Enrique Santín Díaz, Teresa-Amadora Fraga Iribarne, José Iturmendi Morales, Francisco Puy Muñoz, Francisco Sanabria Martín, Ana Pastor Julián, Gerardo Fernández Albor, Ramón Villares Paz, Mariano Rajoy Brey, Josep María Santacreu Marginet, José Manuel Romay Beccaría, Juan Velarde Fuertes, Rodolfo Martín Villa, Miguel Ángel Planas, Luis Fraga Egusquiaguirre, Loyola de Palacio del Vallelersundi e Abel Matutes Juan.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Manuel Fraga Iribarne, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e á súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a súa adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 15 de febreiro de 2005.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así

como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de como de interese cultural a Fundación Manuel Fraga Iribarne adscribíndoa á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2005.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia Relacións

Institucionais e Administración Pública