DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2005 Páx. 4.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2005, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudicar os seguintes traballos:

-Asistencia técnica para proxecto de trazado e construción de acondicionamento da estrada OU-901 Cea-lím. prov.-A Barrela (N-540). Treito A Grela-límite provincia (clave: OU/04/123.01).

Adxudicatario: UTE Vigiconsult, S.A.-Singla Ingeniería, S.L.

Orzamento: 89.881,30 A.

-Asistencia técnica para o control e vixilancia incluído coordinador de seguridade e saúde da obra: variante de Negreira (clave: AC/03/008.01.1).

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 161.299 A.

-Asistencia técnica estudos de comunicación e difusión da actuación Corredor do Morrazo (clave: PO/99/061.01).

Adxudicatario: G 64 Comunicación, S.L.

Orzamento: 67.651,20 A.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2005.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda