DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2005 Páx. 7.264

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de abril de 2005 pola que se convoca a fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de médico de familia.

A base décimo segunda da Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde da cate

goría de médico de familia establece que, rematada a fase de selección, se iniciará a fase de provisión.

Rematada xa a fase de selección da devandita categoría, procede agora convocar a súa fase de provisión, polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Publicar a convocatoria da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego da categoría de médico de familia convocada pola Orde do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), así como aprobar as bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta orde.

Artigo 2º

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, aos tribunais encargados de xulgar o proceso e aos que participen nel.

2. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes poderá interpoñerse recurso de reposición ante esta consellería.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de citación aos posibles interesados.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2005.

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Bases

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócanse, para a súa provisión, as prazas básicas vacantes de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde da categoría de médico de familia que, para cada xerencia de atención primaria, se especifican no anexo III desta orde.

As prazas que se convocan son as ofertadas para a fase de selección na Orde do 15 de febreiro de 2002, toda vez que non concorren as circunstancias previstas para a súa ampliación na base novena desta. Así mesmo, e de acordo co establecido no artigo 7.2º b) da Lei 16/2001, do 21 de novembro, con

vócanse as prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en situación de reingreso provisional ao servizo activo. Por último, convócanse prazas vacantes ocupadas por persoal propietario en comisión de servizos.

2. As prazas convocadas corresponden aos distintos centros de xestión de atención primaria existentes na comunidade autónoma, indicándose o seu réxime de xornada. As prazas con xornada desprazable son aquelas en que a actividade se desenvolve principalmente en quenda de mañá, se ben tamén se realizan algunas xornadas de tarde.

3. A fase de provisión será rexida polas presentes bases así como pola Lei 16/2001, do 21 de novembro.

Segunda.-Persoal que poderá participar voluntariamente na fase de provisión.

Poderá participar voluntariamente na fase de provisión o seguinte persoal estatutario fixo:

1. O persoal estatutario fixo da mesma categoría que se atope desempeñando ou teña praza reservada nas institucións sanitarias da Seguridade Social, sexan cales fosen as administracións públicas de que aquela dependa e sexa cal fose a data en que tomase posesión.

2. O persoal estatutario fixo en situación distinta á de activo e que non teña reserva de praza da mesma categoría, sempre que reúna os requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ao servizo activo o último día do prazo de presentación de solicitudes para participar nesta fase, sen que lle sexa exixible prazo ningún de permanencia na mencionada situación.

3. De acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, tamén poderán participar voluntariamente nesta fase de provisión os funcionarios de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares, os médicos estatutarios de zona con nomeamento en propiedade e os médicos xerais dos servizos normais e especiais de urxencia con nomeamento en propiedade. O aspirante que obteña praza nesta fase de provisión quedará suxeito á ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia establecida no citado decreto e normativa que o desenvolve.

O aspirante que non obteña praza nesta fase manterase na súa praza de orixe e nas mesmas condicións.

Terceira.-Persoal que deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión.

Deberá participar obrigatoriamente na fase de provisión o seguinte persoal:

1. O persoal que, como consecuencia do proceso de consolidación de emprego, obtivese a situación de persoal estatutario en expectativa de destino. O persoal que se atope nesta situación e que non participe na fase de provisión decaerá nos seus dereitos,

sen que se lle poida adxudicar ningunha praza, e perderá a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Os que, como consecuencia da súa participación na fase de selección correspondente a máis dunha categoría ou, se é o caso, especialidade, accedesen á situación de expectativa de destino en máis dunha delas, unicamente poderán participar na fase de provisión nunha soa categoría ou especialidade.

2. O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde, e deberá solicitar necesariamente, por orde de preferencia, todas as prazas convocadas da súa categoría e área de saúde á que pertenza a praza que desempeña con carácter provisional. O reingresado provisional que non obteña praza definitiva na fase de provisión, tendo solicitadas todas as convocadas da súa categoría e área de saúde, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da resolución da fase de provisión ou pasar novamente á situación de excedencia voluntaria, sen prexuízo do establecido no punto 4 da base novena desta orde. O reingresado provisional que non participe nesta fase ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

Cuarta.-Procedemento da fase de provisión.

1. A fase de provisión constará da realización e cualificación pola comisión delegada dunha entrevista regulada para avaliar os diferentes niveis de complexidade nos que poden prestar as súas funcións os participantes, na cal se valorará especialmente o grao de adecuación das aptitudes, experiencia e habilidades dos candidatos aos diferentes niveis de complexidade e especialización dos centros e da acreditación e valoración polo tribunal central dos méritos por servizos prestados, a actividade científica e investigadora desenvolvida, así como a impartición de docencia posgraduada conforme o baremo de méritos que figura como anexo II desta orde e referidos ao día de publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia.

2. En aplicación dos reais decretos 895/1995, do 19 de maio e 543/2001, do 18 de maio, que desenvolven a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea, o tribunal central e as comisións delegadas equipararán os méritos valorables que acrediten os aspirantes comunitarios ás puntuacións do baremo de méritos, con suxeición aos principios constitucionais de igualdade de acceso á función pública e non discriminación por razón de nacionalidade.

3. A entrevista, que terá unha duración máxima de vinte minutos e unha puntuación máxima de 30 puntos, realizarase nos lugares e nas datas que serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Os participantes serán chamados para a realización da entrevista seguindo a orde de chamamento establecido na base sétima a).7 da Orde do 15 de febreiro de 2002 antes citada.

Os participantes na fase de provisión que non procedan da fase de selección que non se presenten á realización da entrevista para unha das xerencias solicitadas, decaerán nos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar ningunha praza, e manterasen, se é o caso, na súa praza orixinaria e nas mesmas condicións, sen prexuízo do establecido no punto 2 da base terceira respecto dos reingresados provisionais.

Os participantes na fase de provisión procedentes da situación de expectativa de destino que non se presenten á realización da entrevista para unha das xerencias solicitadas, decaerán nos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar ningunha praza, e perderán a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Quinta.-Solicitudes.

1. Cada participante deberá cubrir unha solicitude por cada unha das xerencias de atención primaria nas que desexe participar, axustándose necesariamente ao modelo normalizado que figura na páxina web do sergas (www.sergas.es) e que poderá ser facilitado nos centros relacionados no punto 4 desta base respectando estritamente a codificación que identifica a cada praza e réxime de xornada.

Ademais, como alternativa para facilitar e axilizar a formalización da solicitude de participación na fase de provisión, ponse a disposición de todos os interesados un formulario electrónico accesible a través da páxina web www.sergas.es/plece desde o que poderán xerar a correspondente petición, que deberán presentar, xunto co resto da documentación, segundo o establecido no punto 4 desta base.

Con independencia de que poidan solicitar máis dunha xerencia de atención primaria, os participantes unicamente poderán concorrer á entrevista dunha soa delas. En caso de non se presentaren á realización desta, ou de concorreren á de distintas xerencias, decaerán nos seus dereitos nos termos establecidos no punto 3 da base cuarta desta orde.

2. Os participantes poderán solicitar, por orde de preferencia, todas as prazas da mesma xerencia de atención primaria que estimen convenientes, das ofertadas no anexo III desta orde, podendo solicitar ademais aqueloutras da mesma xerencia non ofertadas indicadas no anexo IV.

3. A solicitude de praza nun centro supón a petición da totalidade das prazas do mesmo réxime de xornada convocadas nel, así como as que queden vacantes do mesmo réxime de xornada no devandito centro como consecuencia da resolución da fase de provisión e, polo tanto, sexan susceptibles de seren adxudicadas en resultas.

4. As solicitudes, que deberán dirixirse á División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), poderán ser presentadas nos centros que se relacionan a continuación ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, advertíndose que na folla ou follas, se é o caso, da solicitude de admisión á fase de provisión debe figurar o selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedindo copia para os interesados:

a) Na Consellería de Sanidade.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.

c) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

d) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

As solicitudes realizadas usando o formulario accesible a través da páxina web, tamén deberán entregarse segundo as indicacións anteriores.

5. O prazo de presentación da solicitude, á que deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

6. Durante o prazo de presentación de solicitudes, os participantes poderán retirar ou modificar as súas solicitudes mediante a presentación dunha nova, que anulará totalmente a anterior. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, non se admitirá nin a modificación ou retirada da solicitude nin a presentación de novos documentos.

Sexta.-Documentación.

1. Todos os participantes, con carácter xeral, deberán presentar a seguinte documentación:

I) Fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte.

II) Autobaremación dos méritos que o aspirante considera valorables de conformidade co baremo de méritos que figura no anexo II. En ningún caso esta autovaloración vinculará ao tribunal, tendo un carácter meramente orientativo.

Para reflectir esta, utilizarase o modelo que figura como anexo V nesta orde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

III) Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas dos méritos alegados.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

Polo que se refire aos traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

En relación cos capítulos de libros, será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, o depósito legal do libro e/ou o ISBN e a data de publicación.

Por último, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas nas que conste o título do libro, o sumario ou índice deste, o seu autor, o seu depósito legal e/ou o ISBN e a data de publicación.

2. O persoal con nomeamento estatutario fixo na categoría deberá xuntar ademais copia compulsada do seu último nomeamento en propiedade.

3. O persoal en situación de excedencia presentará ademais copia compulsada da resolución na que se lle concedeu.

4. O persoal en reingreso provisional presentará ademais copia compulsada da resolución pola cal se lle autorizou o reingreso.

Sétima.-Listaxe de admitidos.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos á entrevista por xerencia de atención primaria, co motivo da súa exclusión.

Contra ela, os participantes excluídos disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

2. Á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia as listaxes definitivas de admitidos e excluídos á entrevista por xerencia de atención primaria, así como o lugar, a data e a hora de realización da entrevista. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas peticións de reparación entenderanse implícitas na citada publicación.

Oitava.-Comisións delegadas.

A comisión delegada de cada xerencia de atención primaria, cuxa composición figura no anexo VI desta orde, será a encargada de realizar e valorar as entrevistas e de lle elevar ao tribunal central a proposta de puntuacións atribuídas a estas.

Para tal fin, na sesión constitutiva deberá acordar os criterios para a realización das entrevistas e a súa valoración e elevarallos a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde para os efectos da súa difusión na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Novena.-Resolución da fase de provisión.

1. Rematadas as entrevistas e realizada polo tribunal central a valoración dos méritos acreditados polos participantes, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición da listaxe provisional coas puntuacións obtidas por cada un deles e cos destinos provisionais adxudicados.

Contra esta, os participantes disporán dun prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do citado anuncio, para formularen reclamacións contra a listaxe provisional.

2. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as correccións oportunas, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva de asignación de destinos por xerencia de atención primaria. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución.

3. Os destinos adxudicados definitivamente na fase de provisión serán irrenunciables agás que a dita renuncia estea motivada pola obtención de praza en virtude da resolución dun procedemento de mobilidade voluntaria convocado por outra Administración pública.

4. Coas prazas non adxudicadas ou que resulten vacantes como consecuencia da fase de provisión, iniciarase de novo o procedemento de provisión. Para iso, na resolución definitiva de asignación de destinos relacionaranse as devanditas prazas por centro dentro de cada xerencia, establecéndose o prazo, a forma e o lugar de presentación de solicitudes e sinalarase o lugar, a data e a hora de realización da segunda entrevista.

Neste segundo proceso de asignación deberá participar obrigatoriamente o persoal relacionado no punto 1 da base terceira desta orde, sempre que non obtivesen destino definitivo no primeiro proceso de asignación de prazas.

O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde, e que, participando no primeiro proceso de asignación de prazas e solicitando todas as da súa categoría e área de saúde, non obtivese destino definitivo nela, deberá participar obrigatoriamente neste segundo proceso de asignación sempre que se oferten prazas da súa categoría e área de saúde. O reingresado provisional que non participe neste segundo proceso de asignación de prazas ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

5. En caso de empate na puntuación total obtida na fase de provisión en ambos os dous procesos de asignación de prazas, resolverase a prol do participante que acredite o maior tempo total de servizos prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servizos de saúde. De persistir o empate, resolverase a prol da mellor puntuación obtida nos puntos 2.1 e 2.2 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde.

Décima.-Peche da fase de provisión.

Se como consecuencia da provisión establecida no punto 4 da base anterior aínda existisen prazas non adxudicadas ou vacantes, estas cubriranse de forma centralizada en función da puntuación obtida nos puntos 2 e 3 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde. Para iso o tribunal, na resolución

definitiva da asignación de destinos do segundo proceso de asignación de prazas, convocará en chamamento único os participantes que non resultaron adxudicatarios de praza neste, para que, atendendo á súa puntuación, elixan os destinos sobrantes.

Quedarán excluídos desta asignación de prazas os que non participasen no segundo proceso de asignación da fase de provisión establecida no punto 4 da base anterior.

Décimo primeira.-Nomeamentos.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia, o persoal en situación de expectativa de destino que obtivera praza na fase de provisión será nomeado persoal estatutario fixo. Aqueles que, estando nesta situación, non obtiveran praza, e participasen integramente na fase de provisión e no seu peche, serán nomeados persoal estatutario fixo en situación de excedencia voluntaria, sen que se lles exixa o período mínimo legalmente establecido para solicitar o reingreso.

Décimo segunda.-Asignación de prazas.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva do total dos adxudicatarios, con expresión concreta da praza adxudicada. Esta resolución abrirá o prazo de toma de posesión.

Décimo terceira.-Toma de posesión.

1. Os adxudicatarios procedentes da fase de selección disporán dun prazo máximo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución a que se refire a base anterior, para efectuaren a toma de posesión. De non se producir a toma de posesión no prazo indicado sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento como persoal estatutario fixo da respectiva categoría e perderán os dereitos derivados da súa participación no proceso de consolidación de emprego.

Este mesmo prazo aplicarase no caso de que a adxudicación de praza supoña o reingreso ao servizo activo. En ambos os dous casos, este período non será retribuído.

2. Cando o adxudicatario sexa persoal estatutario con praza en propiedade na mesma categoría e non proceda da fase de selección, deberá cesar na que, se é o caso, desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución a que se refire a base anterior. Non obstante o xerente da institución, por necesidades do servizo, poderá ampliar este prazo ata dez días.

A toma de posesión na nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se as prazas son da mesma localidade; no prazo de quince días hábiles, se son de distinta localidade pero da mesma área de saúde; ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios de praza que xa viñesen ocupando praza na mesma localidade, en

virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

O prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes conforme as normas establecidas na orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas de persoal ao servizo da Administración autonómica.

Cando o adxudicatario non tome posesión da praza adxudicada no prazo indicado sen causa xustificada, perderá todos os dereitos derivados da súa participación nesta convocatoria. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular como persoal estatutario e será declarado na devandita situación quen non se incorpore ao destino obtido dentro dos prazos establecidos ou das súas prórrogas que legal o regulamentariamente procedan. Non obstante, se existen causas suficientemente xustificadas así apreciadas pola División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde logo da audiencia do interesado, poderá deixarse sen efecto a devandita situación. En tal caso o interesado deberá incorporarse ao seu destino tan pronto desaparezan as causas que no seu momento o impediron.

3. A toma de posesión da praza adxudicada, levará aparellado o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é o caso, corresponda, aplicándose os criterios de cesamento do Servizo Galego de Saúde.

Décimo cuarta.-Simultaneidade das entrevistas.

De acordo co establecido na disposición adicional décimo sexta da Lei 16/2001, do 21 de novembro, introducida polo artigo 55 da Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE nº 313, do 31 de decembro), constatando durante o desenvolvemento e execución da convocatoria do proceso extraordinario de consolidación de emprego, circunstancias de índole técnica que dificultan a realización das entrevistas que integran a fase de provisión de xeito simultáneo en cada xerencia de atención primaria dependente do Servizo Galego de Saúde, queda suprimido o dito requisito exixido no punto 2 da base décimo segunda da Orde do 15 de febreiro de 2002.

ANEXO II

Baremo de méritos da fase de provisión

1. Entrevista:

A valoración da entrevista cualificarase cun máximo de 30 puntos.

2. Experiencia profesional:

Valorarase a experiencia profesional nas correspondentes institucións sanitarias da Seguridade Social como persoal estatutario con nomeamento fixo ou temporal. Para estes efectos os servizos prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario ao servizo das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a

consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

2.1. Por servizos prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde:

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,6 puntos por mes traballado.

b) Nas categorías do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa: 0,45 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,3 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,225 puntos por mes traballado.

2.2. Polos servizos prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes doutros servizos de saúde:

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,2 puntos por mes traballado.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría en que se concursa: 0,15 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,1 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade a que se concursa: 0,075 puntos por mes traballado.

O cómputo máximo de antigüidade por servizos prestados será de cincuenta e cinco puntos.

Para os efectos do cómputo dos servizos prestados establecidos na epígrafe 2 deste baremo, referido a experiencia profesional ao persoal de reforzos de atención primaria e ao facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servizos prestados calculándose conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada cento noventa horas ou fracción, realizadas.

b) Se dentro dun mes natural se realizasen máis de cento noventa horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados establecidos na anterior regra a).

3. Outros méritos:

a) 1. Por tese de doutoramento: 3 puntos.

2. Por tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

3. Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa categoría e especialidade de que se trate, apreciados libremente polo tribunal, ata un máximo de 10 puntos, conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

Publicación revista: difusión nacional: 0,25/difusión internacional: 0,50.

Capítulo de libro: difusión nacional: 0,30/difusión internacional: 0,60.

Libro completo: difusión nacional: 1/difusión internacional: 2.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

En todo caso, por esta epígrafe a) non se poderá obter unha puntuación superior a 10 puntos.

Por impartir docencia posgraduada na especialidade a que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano, ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO III

Relación de prazas básicas vacantes que ofertan

Área da Coruña-Ferrol

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

0088C.S. ABEGONDOABEGONDOMAÑÁ1
0093C.S. ARESARESMAÑÁ1
0477C.S. ARTEIXOARTEIXOMAÑÁ1
5477C.S. ARTEIXOARTEIXOTARDE5
0097C.S. BERGONDOBERGONDOMAÑÁ1
5099C.S. BETANZOSBETANZOSTARDE2
0110C.S. CABANA DE BERGANTIÑOSCABANAMAÑÁ1
0112C.S. CABAÑASCABANASMAÑÁ1
0113C.S. CAMARIÑASCAMARIÑASMAÑÁ1
5116C.S. CAMBRECAMBRETARDE2
0117C.S. CAMBRE-O TEMPLECAMBREMAÑÁ1
5117C.S. CAMBRE-O TEMPLECAMBRETARDE1
0118C.S. A CAPELACAPELA (A)MAÑÁ1
0119C.S. CARBALLOCARBALLOMAÑÁ4
5119C.S. CARBALLOCARBALLOTARDE4
0258C.S. CARIÑOCARIÑOMAÑÁ3
0123C.S. CARRALCARRALMAÑÁ2
0124C.S. CEDEIRACEDEIRAMAÑÁ2
0125C.S. CEECEEMAÑÁ2
0126C.S. CERCEDACERCEDAMAÑÁ2
0129C.S. CESURASCESURASMAÑÁ1
0134C.S. CORCUBIÓNCORCUBIÓNMAÑÁ1
0136C.S. CORISTANCOCORISTANCOMAÑÁ1
0135C.S. CORISTANCO-AGUALADACORISTANCOMAÑÁ1
0141C.S. A TORRECORUÑA (A)MAÑÁ3
5141C.S. A TORRECORUÑA (A)TARDE3
5482C.S. ABENTE Y LAGOCORUÑA (A)TARDE2
0142C.S. ADORMIDERASCORUÑA (A)MAÑÁ1
0146C.S. CASA DO MARCORUÑA (A)MAÑÁ4
5146C.S. CASA DO MARCORUÑA (A)TARDE3
0144C.S. ELVIÑA-MESOIROCORUÑA (A)MAÑÁ2
5144C.S. ELVIÑA-MESOIROCORUÑA (A)TARDE3
0139C.S. FEDERICO TAPIACORUÑA (A)MAÑÁ1
5139C.S. FEDERICO TAPIACORUÑA (A)TARDE3
5143C.S. LABAÑOUCORUÑA (A)TARDE2
0140C.S. MATOGRANDECORUÑA (A)MAÑÁ2
5140C.S. MATOGRANDECORUÑA (A)TARDE5
0480C.S. O CASTRILLÓNCORUÑA (A)MAÑÁ2
5480C.S. O CASTRILLÓNCORUÑA (A)TARDE3
0145C.S. O VENTORRILLOCORUÑA (A)MAÑÁ3
5145C.S. O VENTORRILLOCORUÑA (A)TARDE10
0137C.S. OS MALLOSCORUÑA (A)MAÑÁ6
5137C.S. OS MALLOSCORUÑA (A)TARDE6
0587C.S. OS ROSALESCORUÑA (A)MAÑÁ3
5587C.S. OS ROSALESCORUÑA (A)TARDE2
0138C.S. SAN JOSÉCORUÑA (A)MAÑÁ6
5138C.S. SAN JOSÉCORUÑA (A)TARDE4
0147C.S. CULLEREDOCULLEREDOMAÑÁ2
5147C.S. CULLEREDOCULLEREDOTARDE6
0148C.S. CULLEREDO-TARRIOCULLEREDOMAÑÁ1
0153C.S. DUMBRÍADUMBRÍAMAÑÁ2
0155C.S. FENEFENEMAÑÁ2
5155C.S. FENEFENETARDE1
0157C.S. CARANZAFERROLMAÑÁ2
5157C.S. CARANZAFERROLTARDE2
0158C.S. FONTENLA MARISTANYFERROLMAÑÁ10
5158C.S. FONTENLA MARISTANYFERROLTARDE11
0159C.S. SERANTESFERROLMAÑÁ1
0160C.S. FISTERRAFISTERRAMAÑÁ3
0166C.S. LARACHA AA LARACHAMAÑÁ2
0164C.S. LAXELAXEMAÑÁ1
0171C.S. MAÑÓNMAÑÓNMAÑÁ1

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

0176C.S. MIÑOMIÑOMAÑÁ1
0179C.S. MUGARDOSMUGARDOSMAÑÁ2
0180C.S. MUXÍAMUXÍAMAÑÁ2
0183C.S. NARÓNNARÓNMAÑÁ4
5183C.S. NARÓNNARÓNTARDE5
0196C.S. OLEIROS-PERILLOOLEIROSMAÑÁ2
5196C.S. OLEIROS-PERILLOOLEIROSTARDE3
0191C.S. OLEIROS-SANTA CRUZOLEIROSMAÑÁ2
5191C.S. OLEIROS-SANTA CRUZOLEIROSTARDE2
0197C.S. OLEIROS-SANTA CRUZ-MERAOLEIROSMAÑÁ1
0202C.S. ORTIGUEIRAORTIGUEIRAMAÑÁ2
0583C.S. PADERNEPADERNEMAÑÁ1
0266C.S. PONTECESOPONTECESOMAÑÁ2
5215C.S. PONTEDEUMEPONTEDEUMETARDE1
0216C.S. AS PONTESPONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ ASMAÑÁ4
5216C.S. AS PONTESPONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ ASTARDE3
0228C.S. SADASADAMAÑÁ3
5228C.S. SADASADATARDE1
0249C.S. VALDOVIÑOVALDOVIÑOMAÑÁ2
0252C.S. VILASANTARVILASANTARMAÑÁ1
0255C.S. VIMIANZOVIMIANZOMAÑÁ2

Área de Santiago de Compostela

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

5090C.S. BERTAMIRÁNSAMESTARDE1
0089C.S. MILLADOIRO OAMESMAÑÁ2
5089C.S. MILLADOIRO OAMESTARDE2
0095C.S. ARZÚAARZÚAMAÑÁ1
0096C.S. A BAÑABAÑA (A)MAÑÁ1
5101C.S. BOIROBOIROTARDE3
0102C.S. BOIRO-CABO DE CRUZBOIROMAÑÁ1
0107C.S. BRIÓNBRIÓNMAÑÁ1
0122C.S. CARNOTA-O PINDOCARNOTAMAÑÁ1
0172C.S. MAZARICOSMAZARICOSMAÑÁ1
0267C.S. MELIDEMELIDEMAÑÁ3
0182C.S. MUROSMUROSMAÑÁ4
5182C.S. MUROSMUROSTARDE1
0181C.S. MUROS-ESTEIROMUROSMAÑÁ2
0187C.S. NEGREIRANEGREIRAMAÑÁ1
0188C.S. NOIANOIAMAÑÁ4
5188C.S. NOIANOIATARDE2
0198C.S. ORDESORDESMAÑÁ4
0199C.S. OROSOOROSOMAÑÁ2
5203C.S. OUTESOUTESTARDE1
0210C.S. PADRÓNPADRÓNMAÑÁ3
0212C.S. A POBRA CARAMIÑALPOBRA DO CARAMIÑAL AMAÑÁ2
5212C.S. A POBRA CARAMIÑALPOBRA DO CARAMIÑAL ATARDE2
0219C.S. PORTO DO SONPORTO DO SONMAÑÁ2
0218C.S. PORTO DO SON-XUÑOPORTO DO SONMAÑÁ1
5220C.S. RIANXORIANXOTARDE2
0221C.S. RIANXO-TARAGOÑARIANXOMAÑÁ1
5225C.S. RIBEIRARIBEIRATARDE5
0222C.S. RIBEIRA-AGUIÑORIBEIRAMAÑÁ1
0224C.S. RIBEIRA-PALMEIRARIBEIRAMAÑÁ1
0226C.S. ROISROISMAÑÁ1
0230C.S. SANTA COMBASANTA COMBAMAÑÁ2
0231AMBULATORIO CONCEPCIÓN ARENALSANTIAGO DE COMPOSTELAMAÑÁ5
5231AMBULATORIO CONCEPCIÓN ARENALSANTIAGO DE COMPOSTELATARDE9
0234C.S. CONXOSANTIAGO DE COMPOSTELAMAÑÁ1
0233C.S. FONTIÑAS ASSANTIAGO DE COMPOSTELAMAÑÁ3
5233C.S. FONTIÑAS ASSANTIAGO DE COMPOSTELATARDE2
0504C.S. TEO-CALOTEOMAÑÁ1
0239C.S. TEO-OS TILOSTEOMAÑÁ2
0251C.S. VEDRAVEDRAMAÑÁ1

Área de Lugo

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

0001C.S. ABADÍNABADÍNMAÑÁ5
0002C.S. ALFOZALFOZMAÑÁ1
0003C.S. ANTAS DE ULLAANTAS DE ULLAMAÑÁ2
0086C.S. BARALLABARALLAMAÑÁ2
0005C.S. BARREIROSBARREIROSMAÑÁ2
0008C.S. BEGONTEBEGONTEMAÑÁ1
0009C.S. BÓVEDABÓVEDAMAÑÁ1
0010C.S. BÓVEDA-RUBIÁNBÓVEDAMAÑÁ1
0087C.S. BURELABURELAMAÑÁ4
0011C.S. CASTRO DE CARBALLEDOCARBALLEDOMAÑÁ1
0013C.S. CASTRO DE REI-CASTRO DE RIBEIRAS DE LEACASTRO DE REIMAÑÁ2
0017C.S. CERVANTESCERVANTESMAÑÁ1
0016C.S. CERVANTES-DOIRASCERVANTESMAÑÁ1
0018C.S. CERVOCERVOMAÑÁ1
0019C.S. CERVO-SAN CIBRAOCERVOMAÑÁ1
0023C.S. CHANTADACHANTADAMAÑÁ3
0579C.S. CORGO OCORGO (O)MAÑÁ1
0021C.S. COSPEITOCOSPEITOMAÑÁ1
0022C.S. COSPEITO-MUIMENTACOSPEITOMAÑÁ1
0024C.S. FOLGOSO DO COURELFOLGOSO DO COURELMAÑÁ1
0025C.S. SEOANE DO COURELFOLGOSO DO COURELMAÑÁ1

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

0026C.S. A FONSAGRADAFONSAGRADA (A)MAÑÁ4
0563C.S. FOZFOZMAÑÁ4
5563C.S. FOZFOZTARDE1
0028C.S. FRIOLFRIOLMAÑÁ2
0030C.S. GUITIRIZGUITIRIZMAÑÁ3
0032C.S. GUNTÍNGUNTÍNMAÑÁ1
0034C.S. O INCIOINCIO (O)MAÑÁ2
0036C.S. LÁNCARALÁNCARAMAÑÁ1
0037C.S. LOURENZÁLOURENZÁMAÑÁ1
0041C.S. A MILAGROSALUGOMAÑÁ2
5041C.S. A MILAGROSALUGOTARDE2
0040C.S. FINGOILUGOMAÑÁ4
5040C.S. FINGOILUGOTARDE2
0045C.S. FINGOI-NADELALUGOMAÑÁ1
0039C.S. ILLAS CANARIASLUGOMAÑÁ2
5039C.S. ILLAS CANARIASLUGOTARDE2
0038C.S. PRAZA DO FERROLLUGOMAÑÁ1
5038C.S. PRAZA DO FERROLLUGOTARDE2
0042C.S. SAGRADO CORAZÓNLUGOMAÑÁ4
0043C.S. SAN ROQUELUGOMAÑÁ3
0047C.S. MONDOÑEDOMONDOÑEDOMAÑÁ3
0048C.S. MONFORTE DE LEMOSMONFORTE DE LEMOSMAÑÁ5
5048C.S. MONFORTE DE LEMOSMONFORTE DE LEMOSTARDE2
0049C.S. MONTERROSOMONTERROSOMAÑÁ1
0051C.S. NAVIA DE SUARNANAVIA DE SUARNAMAÑÁ2
0052C.S. A FONSAGRADA-NEGUEIRA DE MUÑIZNEGUEIRA DE MUÑIZMAÑÁ1
0053C.S. AS NOGAISNOGAIS (AS)MAÑÁ2
0054C.S. OUROLOUROLMAÑÁ2
0056C.S. PALAS DE REIPALAS DE REIMAÑÁ2
0057C.S. PANTÓNPANTÓNMAÑÁ3
0058C.S. PARADELAPARADELAMAÑÁ1
0059C.S. O PÁRAMOPÁRAMO (O)MAÑÁ1
0061C.S. A PASTORIZAPASTORIZA (A)MAÑÁ2
0062C.S. PEDRAFITA DO CEBREIROPEDRAFITA DO CEBREIROMAÑÁ1
0064C.S. POBRA DO BROLLÓN APOBRA DE BROLLÓN AMAÑÁ3
0063C.S. POLPOLMAÑÁ3
0065C.S. A PONTENOVAPONTENOVA (A)MAÑÁ2
0066C.S. PORTOMARÍNPORTOMARÍNMAÑÁ2
0067C.S. QUIROGAQUIROGAMAÑÁ2
0068C.S. RIBADEORIBADEOMAÑÁ5
5068C.S. RIBADEORIBADEOTARDE2
0069C.S. RIBAS DO SILRIBAS DE SILMAÑÁ1
0070C.S. RIBEIRA DE PIQUÍNRIBEIRA DE PIQUÍNMAÑÁ1
0071C.S. RIOTORTORIOTORTOMAÑÁ2
0072C.S. SAMOSSAMOSMAÑÁ3
0075C.S. SARRIASARRIAMAÑÁ4
5075C.S. SARRIASARRIATARDE2
0074C.S. SARRIA-OURALSARRIAMAÑÁ1
0077C.S. O SAVIÑAOSAVIÑAO (O)MAÑÁ3
0076C.S. O SAVIÑAO-CURRELOSSAVIÑAO (O)MAÑÁ1
0078C.S. SOBERSOBERMAÑÁ2
0079C.S. TABOADATABOADAMAÑÁ2
0080C.S. TRABADATRABADAMAÑÁ2
0081C.S. TRIACASTELATRIACASTELAMAÑÁ1
0082C.S. O VALADOUROVALADOURO (O)MAÑÁ2
0083C.S. O VICEDOVICEDO (O)MAÑÁ1
0084C.S. VILALBAVILALBAMAÑÁ2
5084C.S. VILALBAVILALBATARDE2
0085C.S. VIVEIROVIVEIROMAÑÁ4
5085C.S. VIVEIROVIVEIROTARDE2
0029C.S. XERMADEXERMADEMAÑÁ3
0035C.S. XOVEXOVEMAÑÁ2

Área de Ourense

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

0381C.S. ALLARIZALLARIZMAÑÁ2
0382C.S. AMOEIROAMOEIROMAÑÁ1
0383C.S. ARNOIAARNOIAMAÑÁ1
0388C.S. BARBADÁS-A VALENZÁBARBADÁSMAÑÁ2
5388C.S. BARBADÁS-A VALENZÁBARBADÁSTARDE1
0389C.S. O BARCOBARCO DE VALDEORRAS (O)MAÑÁ4
5389C.S. O BARCOBARCO DE VALDEORRAS (O)TARDE3
0394C.S. O BOLOBOLO (O)MAÑÁ1
0487C.S. CARBALLEDA VALDEORRASCARBALLEDAMAÑÁ2
0396C.S. CARBALLEDA AVIACARBALLEDA DE AVIAMAÑÁ2
0397C.S. O CARBALLIÑOCARBALLIÑO (O)MAÑÁ6
5397C.S. O CARBALLIÑOCARBALLIÑO (O)TARDE2
0398C.S. CARTELLECARTELLEMAÑÁ2
0400C.S. CASTRELO DE MIÑOCASTRELO DE MIÑOMAÑÁ1
0401C.S. CASTRO CALDELASCASTRO CALDELASMAÑÁ1
0402C.S. CELANOVACELANOVAMAÑÁ2
0476C.S. CELANOVA-C.S. A BOLACELANOVAMAÑÁ1
0407C.S. CHANDREXA QUEIXACHANDREXA DE QUEIXAMAÑÁ1
0406C.S. CUALEDROCUALEDROMAÑÁ1
0409C.S. ESGOSESGOSMAÑÁ1
0412C.S. A GUDIÑAGUDIÑA (A)MAÑÁ1
0416C.S. LAROUCOLAROUCOMAÑÁ1
0417C.S. LAZALAZAMAÑÁ2
0418C.S. LEIROLEIROMAÑÁ1
0420C.S. LOBIOSLOBIOSMAÑÁ1
0421C.S. MACEDAMACEDAMAÑÁ1
0424C.S. MELÓNMELÓNMAÑÁ1
0426C.S. A MEZQUITAMEZQUITA (A)MAÑÁ1
0430C.S. MUÍÑOSMUÍÑOSMAÑÁ2
0432C.S. OÍMBRAOÍMBRAMAÑÁ1
0427C.S. A CARBALLEIRAOURENSEMAÑÁ2
5427C.S. A CARBALLEIRAOURENSETARDE2
0434C.S. A PONTEOURENSEMAÑÁ3

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

5434C.S. A PONTEOURENSETARDE7
0435C.S. MARIÑAMANSA-A CUÑAOURENSEMAÑÁ1
5435C.S. MARIÑAMANSA-A CUÑAOURENSETARDE6
0433C.S. NOVOA SANTOSOURENSEMAÑÁ4
5433C.S. NOVOA SANTOSOURENSETARDE4
0436C.S. VALLE INCLÁNOURENSEMAÑÁ2
5436C.S. VALLE INCLÁNOURENSETARDE4
0431C.S. PADERNE DE ALLARIZPADERNE DE ALLARIZMAÑÁ1
0437C.S. PADRENDAPADRENDAMAÑÁ1
0485C.S. PADRENDA-A NOTARIAPADRENDAMAÑÁ1
0439C.S. PARADA DO SILPARADA DE SILMAÑÁ1
0440C.S. OS PEARESPEROXA AMAÑÁ1
0443C.S. PIÑOR DE CEAPIÑORMAÑÁ1
0445C.S. POBRA DE TRIVES APOBRA DE TRIVES AMAÑÁ1
0446C.S. PONTEDEVAPONTEDEVAMAÑÁ1
0438C.S. A PORQUEIRAPORQUEIRAMAÑÁ1
0449C.S. RAIRIZ DE VEIGARAIRIZ DE VEIGAMAÑÁ2
0444C.S. RAMIRASRAMIRASMAÑÁ1
0451C.S. RIBADAVIARIBADAVIAMAÑÁ3
0453C.S. RÍOSRÍOSMAÑÁ1
0454C.S. A RÚARÚA (A)MAÑÁ3
0455C.S. RUBIARUBIAMAÑÁ1
0493C.S. SAN CIBRAO VIÑAS-PONTE NOALLASAN CIBRAO DAS VIÑASMAÑÁ1
0458C.S. SAN CRISTOVO DE CEASAN CRISTOVO DE CEAMAÑÁ2
0452C.S. SAN XOAN DE RÍOSAN XOAN DE RIOMAÑÁ1
0460C.S. SARREAUSSARREAUSMAÑÁ1
0462C.S. A TEIXEIRATEIXEIRA AMAÑÁ1
0463C.S. TOÉNTOÉNMAÑÁ1
0464C.S. TRASMIRASTRASMIRASMAÑÁ1
0724C.S. XINZO-C.S. TRASMIRASTRASMIRASMAÑÁ1
0465C.S. A VEIGAVEIGA (A)MAÑÁ1
0466C.S. VEREAVEREAMAÑÁ1
0467C.S. VERÍNVERÍNMAÑÁ6
5467C.S. VERÍNVERÍNTARDE2
0468C.S. VIANA DO BOLOVIANA DO BOLOMAÑÁ3
0469C.S. VILAMARÍNVILAMARÍNMAÑÁ1
0470C.S. VILAMARTÍN DE VALDEORRASVILAMARTÍN DE VALDEORRASMAÑÁ1
0471C.S. VILAR DE BARRIOVILAR DE BARRIOMAÑÁ1
0472C.S. VILAR DE SANTOSVILAR DE SANTOSMAÑÁ1
0473C.S. VILARDEVOSVILARDEVOSMAÑÁ3
0456C.S. VILARIÑO DE CONSOVILARIÑO DE CONSOMAÑÁ1
0554C.S. XINZO DE LIMIAXINZO DE LIMIAMAÑÁ2
5554C.S. XINZO DE LIMIAXINZO DE LIMIATARDE1
0414C.S. XUNQUEIRA DE AMBÍAXUNQUEIRA DE AMBIAMAÑÁ1

Área de Pontevedra-Vigo

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

0301C.S. AGOLADAAGOLADAMAÑÁ1
0275C.S. BAIONABAIONAMAÑÁ2
0274C.S. BARROBARROMAÑÁ1
0276C.S. BUEUBUEUMAÑÁ3
6277C.S. CALDAS DE REISCALDAS DE REISDESPRAZA2
0278C.S. CAMBADOSCAMBADOSMAÑÁ2
5278C.S. CAMBADOSCAMBADOSTARDE2
0280C.S. ALDÁN-HÍOCANGASMAÑÁ1
0281C.S. CANGASCANGASMAÑÁ4
5281C.S. CANGASCANGASTARDE3
0283C.S. A CAÑIZA-VALEIXECAÑIZA (A)MAÑÁ1
0284C.S. CATOIRACATOIRAMAÑÁ1
0290C.S. CRECENTE-FILGUEIRACRECENTEMAÑÁ1
0292C.S. CUNTISCUNTISMAÑÁ1
0295C.S. ESTRADAESTRADA AMAÑÁ1
5295C.S. ESTRADAESTRADA ATARDE4
0294C.S. ESTRADA-CODESEDAESTRADA AMAÑÁ1
0298C.S. FORCAREIFORCAREIMAÑÁ1
0299C.S. FORCAREI-SOUTELO DE MONTESFORCAREIMAÑÁ2
0302C.S. GONDOMARGONDOMARMAÑÁ2
0304C.S. A GARDAGUARDA (A)MAÑÁ2
5304C.S. A GARDAGUARDA (A)TARDE3
0109C.S. ILLA DE AROUSA AILLA DE AROUSA AMAÑÁ1
0305C.S. LALÍNLALÍNMAÑÁ5
5305C.S. LALÍNLALÍNTARDE4
0306C.S. A LAMALAMA AMAÑÁ1
0308CASA DO MAR MARÍN-SEIXOMARÍNMAÑÁ1
5308CASA DO MAR MARÍN-SEIXOMARÍNTARDE4
0310C.S. MEAÑOMEAÑOMAÑÁ1
0314C.S. MEIS-PARADELAMEISMAÑÁ1
0316C.S. MOAÑAMOAÑAMAÑÁ3
5316C.S. MOAÑAMOAÑATARDE4
0317C.S. MONDARIZMONDARIZMAÑÁ1
0320C.S. MOSMOSMAÑÁ3
0322C.S. NIGRÁN-PANXÓNNIGRÁNMAÑÁ3
0323C.S. NIGRÁN-VAL MIÑORNIGRÁNMAÑÁ2
5323C.S. NIGRÁN-VAL MIÑORNIGRÁNTARDE1
0720C.S. POIO-

COMBARRO-RAXÓ-ANAFÁNS

POIOMAÑÁ1
0334C.S. PONTEAREASPONTEAREASMAÑÁ2
5334C.S. PONTEAREASPONTEAREASTARDE4
0336C.S. PONTECESURESPONTECESURESMAÑÁ1
0328C.S. MONTEPORREIRO-

PONTESAMPAIO

PONTEVEDRAMAÑÁ1
0326C.S. VIRXE PEREGRINAPONTEVEDRAMAÑÁ2
5326C.S. VIRXE PEREGRINAPONTEVEDRATARDE7
0329C.S. PORRIÑO OPORRIÑO (O)MAÑÁ3
5329C.S. PORRIÑO OPORRIÑO (O)TARDE1
0330C.S. PORTASPORTASMAÑÁ1
0337C.S. CHAPELAREDONDELAMAÑÁ1
0339C.S. REDONDELAREDONDELAMAÑÁ5
5339C.S. REDONDELAREDONDELATARDE3

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDAPRAZAS

0340C.S. RIBADUMIARIBADUMIAMAÑÁ1
0342C.S. O ROSALROSAL (O)MAÑÁ1
0344C.S. SALCEDA DE CASELASSALCEDA DE CASELASMAÑÁ1
0345C.S. SALVATERRA DO MIÑOSALVATERRA DE MIÑOMAÑÁ2
6347C.S. SANXENXO-BALTARSANXENXODESPRAZA5
0723C.S. SANXENXO-BALTAR-C.P. SANXENXOSANXENXOMAÑÁ1
0348C.S. SANXENXO-VILALONGASANXENXOMAÑÁ1
0349C.S. SILLEDASILLEDAMAÑÁ3
6354C.S. TOMIÑOTOMIÑODESPRAZA5
0356C.S. TUITUIMAÑÁ4
0357C.S. VALGAVALGAMAÑÁ1
0362C.S. A DOBLADAVIGOMAÑÁ4
5362C.S. A DOBLADAVIGOTARDE8
0364C.S. BEIRAMARVIGOMAÑÁ4
5364C.S. BEIRAMARVIGOTARDE4
0373C.S. BEMBRIVEVIGOMAÑÁ1
0270C.S. BOLIVIAVIGOMAÑÁ3
0358C.S. CASCO VELLOVIGOMAÑÁ1
5358C.S. CASCO VELLOVIGOTARDE3
0512C.S. COIAVIGOMAÑÁ6
5512C.S. COIAVIGOTARDE9
0360C.S. COLMEIROVIGOMAÑÁ2
5360C.S. COLMEIROVIGOTARDE6
0365C.S. CORUXOVIGOMAÑÁ4
6366C.S. LAVADORESVIGODESPRAZA4
0363C.S. LOPEZ MORAVIGOMAÑÁ2
5363C.S. LOPEZ MORAVIGOTARDE4
0367C.S. MATAMAVIGOMAÑÁ2
6584C.S. NICOLÁS PEÑAVIGODESPRAZA4
6585C.S. ROSALÍA DE CASTROVIGODESPRAZA5
0361C.S. RÚA CUBAVIGOMAÑÁ3
5361C.S. RÚA CUBAVIGOTARDE5
0368C.S. SARDOMAVIGOMAÑÁ2
0369C.S. TEISVIGOMAÑÁ3
5369C.S. TEISVIGOTARDE6
0372C.S. VILA DE CRUCESVILA DE CRUCESMAÑÁ2
0561C.S. DE VILABOAVILABOAMAÑÁ1
0374C.S. VILAGARCÍA DE AROUSAVILAGARCÍA DE AROUSAMAÑÁ2
5374C.S. VILAGARCÍA DE AROUSAVILAGARCÍA DE AROUSATARDE4
0378C.S. VILANOVA AROUSAVILANOVA DE AROUSAMAÑÁ3

ANEXO IV

Centros nos que poden existir prazas a resultas

Área da Coruña-Ferrol

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDA

0092C.S. A CASTELLANAARANGAMAÑÁ
0099C.S. BETANZOSBETANZOSMAÑÁ
0116C.S. CAMBRECAMBREMAÑÁ
0128C.S. CERDIDOCERDIDOMAÑÁ
0130C.S. COIRÓSCOIRÓSMAÑÁ
6141C.S. A TORRECORUÑA (A)DESPRAZABLE
0482C.S. ABENTE Y LAGOCORUÑA (A)MAÑÁ
0143C.S. LABAÑOUCORUÑA (A)MAÑÁ
6137C.S. OS MALLOSCORUÑA (A)DESPRAZABLE
0150C.S. CURTISCURTISMAÑÁ
0163C.S. IRIXOAIRIXOAMAÑÁ
0168C.S. MALPICAMALPICA DE BERGANTIÑOSMAÑÁ
0177C.S. MOECHEMOECHEMAÑÁ
0178C.S. MONFEROMONFEROMAÑÁ
0204C.S. OZA DOS RÍOSOZA DOS RÍOSMAÑÁ
0215C.S. PONTEDEUMEPONTEDEUMEMAÑÁ
0229C.S. SAN SADURNIÑOSAN SADURNIÑOMAÑÁ
0237C.S. SOBRADO DOS MONXESSOBRADOMAÑÁ
0238C.S. AS SOMOZASSOMOZAS ASMAÑÁ
0254C.S. VILARMAIORVILARMAIORMAÑÁ
0257C.S. ZASZASMAÑÁ

Área de Santiago de Compostela

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDA

0090C.S. BERTAMIRÁNSAMESMAÑÁ
0100C.S. BOIMORTOBOIMORTOMAÑÁ
0101C.S. BOIROBOIROMAÑÁ
0103C.S. BOQUEIXÓNBOQUEIXÓNMAÑÁ
0121C.S. LIRA-CARNOTACARNOTAMAÑÁ
0152C.S. DODRODODROMAÑÁ
0162C.S. FRADESFRADESMAÑÁ
0167C.S. NOIA-LOUSAMELOUSAMEMAÑÁ
0175C.S. XANCEDAMESÍAMAÑÁ
0203C.S. OUTESOUTESMAÑÁ
0211C.S. O PINOPINO (O)MAÑÁ
0220C.S. RIANXORIANXOMAÑÁ
0225C.S. RIBEIRARIBEIRAMAÑÁ
0223C.S. RIBEIRA-CORRUBEDORIBEIRAMAÑÁ
0232C.S. VITESANTIAGO DE COMPOSTELAMAÑÁ

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDA

0235C.S. SANTISO-ARCEDIAGOSANTISOMAÑÁ
0236CONSULTORIO VISANTOÑASANTISOMAÑÁ
0244C.S. TOQUESTOQUESMAÑÁ
0245C.S. TORDOIATORDOIAMAÑÁ
0246C.S. TOUROTOUROMAÑÁ
0247C.S. TRAZO-VIAÑO PEQUENOTRAZOMAÑÁ
0248CONSULTORIO AGRO DO MESTRETRAZOMAÑÁ
0250C.S. VAL DO DUBRAVAL DO DUBRAMAÑÁ

Área de Lugo

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDA

0004C.S. BALEIRABALEIRAMAÑÁ
0006C.S. BECERREÁBECERREÁMAÑÁ
0012C.S. A BARRELA DE CARBALLEDOCARBALLEDOMAÑÁ
0743C.S. CASTRO DE REI-CASTRO

DE REI

CASTRO DE REIMAÑÁ
0031C.S. GUITIRIZ-PARGAGUITIRIZMAÑÁ
0033CONSULTORIO LOUSADAGUNTÍNMAÑÁ
0046C.S. MEIRAMEIRAMAÑÁ
0050C.S. MURASMURASMAÑÁ
0055C.S. OUTEIRO DE REIOUTEIRO DE REIMAÑÁ
0073C.S. RÁBADERÁBADEMAÑÁ

Área de Ourense

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDA

0384C.S. AVIÓNAVIÓNMAÑÁ
0386C.S. BANDEBANDEMAÑÁ
0387C.S. BAÑOS DE MOLGASBAÑOS DE MOLGASMAÑÁ
0390C.S. BEADEBEADEMAÑÁ
0392C.S. BLANCOS OSBLANCOS (OS)MAÑÁ
0393C.S. BOBORÁSBOBORASMAÑÁ
0395C.S. CALVOS DE RANDÍNCALVOS DE RANDÍNMAÑÁ
0399C.S. CASTRELO DO VALCASTRELO DO VALMAÑÁ
0403C.S. CENLLECENLLEMAÑÁ
0404C.S. COLESCOLESMAÑÁ
0405C.S. CORTEGADACORTEGADAMAÑÁ
0408C.S. ENTRIMOENTRIMOMAÑÁ
0411C.S. GOMESENDEGOMESENDEMAÑÁ
0413C.S. IRIXO OIRIXO (O)MAÑÁ
0419C.S. LOBEIRALOBEIRAMAÑÁ
0423C.S. MASIDEMASIDEMAÑÁ
0425C.S. A MERCAMERCA AMAÑÁ
0428C.S. MONTEDERRAMOMONTEDERRAMOMAÑÁ
0429C.S. VILAZA-ALBARELLOSMONTERREIMAÑÁ
0556C.S. NOGUEIRA DE RAMUÍNNOGUEIRA DE RAMUÍNMAÑÁ
0583C.S. PADERNEPADERNEMAÑÁ
0555C.S. PEREIRO DE AGUIAR OPEREIRO DE AGUIAR OMAÑÁ
0441C.S. A PEROXAPEROXA AMAÑÁ
0442C.S. PETÍNPETÍNMAÑÁ
0447C.S. PUNXÍNPUNXÍNMAÑÁ
0448C.S. QUINTELA LEIRADOQUINTELA DE LEIRADOMAÑÁ
0450C.S. SAN AMAROSAN AMAROMAÑÁ
0457C.S. SAN CIBRAO DAS VIÑASSAN CIBRAO DAS VIÑASMAÑÁ
0459C.S. SANDIÁSSANDIÁSMAÑÁ
0461C.S. TABOADELATABOADELAMAÑÁ
0415C.S. X. DE ESPADAÑEDOXUNQUEIRA DE ESPADANEDOMAÑÁ

Área de Pontevedra-Vigo

CÓD.

PRAZA

CENTROMUNICIPIOQUENDA

0273C.S. ARBOARBOMAÑÁ
0347C.S. BALTARSANXENXO-BALTARMAÑÁ
0277C.S. CALDAS DE REISCALDAS DE REISMAÑÁ
0279C.S. CAMPOLAMEIROCAMPO LAMEIROMAÑÁ
0286C.S. COTOBADE-CARBALLEDOCOTOBADEMAÑÁ
0287C.S. COTOBADE-TENORIOCOTOBADEMAÑÁ
0288C.S. O COVELOCOVELO (O)MAÑÁ
0293C.S. DOZÓNDOZÓNMAÑÁ
0297C.S. SOUTO DE VEAESTRADA AMAÑÁ
0553CONSULTORIO FOXOESTRADA AMAÑÁ
0300C.S. FORNELOSFORNELOSMAÑÁ
0303C.S. O GROVEGROVE OMAÑÁ
0307C.S. MARÍNMARÍNMAÑÁ
0313C.S. MOSTEIROMEISMAÑÁ
0312C.S. MOSTEIRO-SAN MARTIÑOMEISMAÑÁ
0722C.S. MONDARIZ-C.S. MONDARIZ BALNEARIOMONDARIZMAÑÁ
0319C.S. MORAÑAMORAÑAMAÑÁ
0321C.S. AS NEVESNEVES (AS)MAÑÁ
0324C.S. OIAOIAMAÑÁ
0325C.S. PAZOS DE BORBÉNPAZOS DE BORBÉNMAÑÁ
0335C.S. PONTECALDELASPONTECALDELASMAÑÁ
0379C.S. LÉREZPONTEVEDRAMAÑÁ
0341C.S. RODEIRORODEIROMAÑÁ
0521CONSULTORIO BANDEIRASILLEDAMAÑÁ
0351C.S. SOUTOMAIORSOUTOMAIORMAÑÁ
0354C.S. TOMIÑOTOMIÑOMAÑÁ
0585C.S. ROSALÍA DE CASTROVIGOMAÑÁ
5585C.S. ROSALÍA DE CASTROVIGOTARDE

ANEXO VI

Comisións delegadas

* X.A.P. A Coruña-Ferrol.

-Membros titulares:

Presidente: Juan Suárez Barros.

Secretario: Francisco Freire Benito.

Vogais:

Miguel de Santiago Boullón.

Bernardo Velasco Horta.

En representación das organizacións sindicais: Clara Paloma Corpas Cobisa.-Membros suplentes:

Presidente: Ignacio Herrero de Padura.

Secretaria: Pilar Cameo Chenlo.

Vogais:

Manuel Acasuso Díaz.

Carmen Balboa Salgado.

En representación das organizacións sindicais: Jacobo Gómez Ulla Álvarez.

* X.A.P. Santiago de Compostela.

-Membros titulares:

Presidente: Andrés Anca Coya.

Secretario: José Antonio Santos Rodríguez.

Vogais:

José Antonio Ferreiro Guri.

Galo Martínez Vilar.

En representación das organizacións sindicais: Juan Miguel Antelo.-Membros suplentes:

Presidente: Jesús Verea Seoane.

Secretario: Miguel Ángel Pérez Llamas.

Vogais:

José Manuel González Neira.

José Manuel Pérez Crespo.

En representación das organizacións sindicais: Paula de Balas Abad.

* X.A.P. Lugo.

-Membros titulares:

Presidente: Dámaso López Rodríguez.

Secretaria: Isabel López Martín.

Vogais:

Isabel Maceda Lebón.

José Manuel Piñeiro Somoza.

En representación das organizacións sindicais: Fernando Gómez Pérez.-Membros suplentes:

Presidente: Benjamín Abarca Buján.

Secretario: Vicente García Pernas.

Vogais:

Concepción Cobo Domínguez.

Enrique Cajiao Bonome.

En representación das organizacións sindicais: Mª Jesús Méndez Conde.

* X.A.P. Ourense.

-Membros titulares:

Presidente: Rosendo Luis Fernández Fernández.

Secretario: Agapito Diéguez Estévez.

Vogais:

Pedro Blanco Iglesias.

Antonio González Álvarez.

En representación das organizacións sindicais: Manuel González Rodríguez.-Membros suplentes:

Presidente: Carlos Pereira Fernández.

Secretario: Raimundo Gulín González.

Vogais:

Mª Amelia Del Campo Cortés.

Mª Jesús Sánchez Cougil.

En representación das organizacións sindicais: Fernando Cabo Gómez.

* X.A.P. Pontevedra-Vigo.

-Membros titulares:

Presidente: Bibiano López Fernández-Arruti.

Secretario: Javier Caramés Casal.

Vogais:

Álvaro Rodríguez Pomares.

Javier Pereira García-Tizón.

En representación das organizacións sindicais: Jesús Araújo Nores.-Membros suplentes:

Presidente: José Ramón Gómez Fernández.

Secretario: Gonzalo Sans Domínguez.

Vogais:

Lorenzo Pouse Estévez.

Francisco Ovalle Macías.

En representación das organizacións sindicais: Fernando Rodríguez Triana.

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS

LABORAIS