DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 09 de maio de 2005 Páx. 7.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 101/2005, do 6 de maio, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Tabaré Ramón Vázquez Rosas, presidente da República Oriental do Uruguai.

En atención aos méritos que concorren en Tabaré Ramón Vázquez Rosas, presidente da República Oriental do Uruguai, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Tabaré Ramón Vázquez Rosas, presidente da República Oriental do Uruguai.

Santiago de Compostela, seis de maio de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Alberto Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública