DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 12 de maio de 2005 Páx. 8.043

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de abril de 2005 pola que se convoca o segundo procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde non integrados no réxime estatutario na primeira convocatoria realizada por centro.

Como consecuencia da asunción por parte da Administración autonómica galega da asistencia sanitaria dos centros transferidos doutras administracións que pasaron a integrarse na rede sanitaria propia do Sergas.

O Decreto 447/1996, do 26 de decembro (DOG nº 3, do 7 de xaneiro de 1997) regula as bases para homologación e integración ao réxime estatutario do persoal funcionarial e laboral dos centros transferidos, facultando a Consellería de Sanidade para adoptar as medidas de desenvolvemento e execución necesarias. Neste sentido efectuouse unha primeira convocatoria de integración en cada centro transferido, na que voluntariamente participaron os profesionais interesados, optando os demais por permanecer no réxime xurídico orixinario.

No acordo de mellora retributiva e profesional do 1 de outubro de 2003 (DOG nº 232, do 28 de novembro) prevese a convocatoria con carácter anual da apertura de prazos de opción de integración no réxime estatutario en idénticas condicións á primeira oferta.

Pola súa parte a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, vén recoller no seu artigo 55.4º a promoción de medidas necesarias para a integración progresiva nun réxime xurídico común de todo o persoal que presta servizos no Sergas, como un dos principios xerais en materia de persoal, que se concreta aínda máis no artigo 56, cando no seu punto 3º establece o réxime estatutario como o aplicable con carácter xeral ao persoal do organismo, e ao mesmo tempo faculta de forma expresa á Administración sanitaria galega para establecer os procedementos que habiliten a progresiva homologación e integración do persoal funcionario e laboral.

Na Lei 55/2003, do estatuto marco dos servizos de saúde, do 16 de decembro, na disposición adicional quinta, establece que co obxecto de homoxeneizar as relacións de emprego do persoal de cada un dos centros, institucións, ou servizos de saúde, e co fin de mellorar a eficacia na xestión as administracións sanitarias públicas poderán establecer procedementos para a integración directa, con carácter voluntario, na condición de persoal estatutario.

As disposicións contidas nesta norma foron obxecto de negociación na mesa sectorial de persoal das institución sanitarias do Sergas do 28 de febreiro de 2005.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada por Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1.1. O persoal funcionario e/ou laboral dependente dos centros de xestión de atención especializada do Sergas (relacionados no anexo I desta orde), a que se refire o artigo 1 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro, poderán solicitar a homologación e integración no réxime estatutario regulado polo estatuto marco aprobado pola Lei 55/2003, do 16 de decembro, nos termos e condicións que se establecen nesta norma, sempre que reúna os requisitos de titulación exixidos pola lexislación vixente e que á súa entrada en vigor se encontren nalgúns dos supostos recollidos no artigo seguinte:

Requisitos de acceso:

a) En situación de servizo activo.

b) En situación que implique a suspensión na relación de servizo laboral ou funcionarial, con reserva de posto de traballo, por algunha das causas establecidas na lexislación vixente, así como en situación de servizos especiais, no caso de persoal funcionario.

c) En situación de excedencia voluntaria, sempre que non transcorrese o tempo máximo desa excedencia prevista legalmente para cada caso. Neste suposto a integración efectuarase na situación de excedencia voluntaria e a posterior situación de servizo activo obterase de conformidade co previsto no Real decreto 1/1999, do 8 de xaneiro, en relación co artigo 69 e disposición transitoria sexta da Lei 55/2003, do 16 de decembro. A opción de integración poderá formularse no momento de solicitar o reingreso ou no prazo previsto nesta norma para o exercicio da opción.

1.2. Non poderá exercer o dereito de opción o persoal con vínculo temporal, de carácter funcionarial ou laboral, calquera que sexan as características de tal vínculo.

Artigo 2º.-Categorías homologables.

2.1. O persoal que exerza o dereito de opción integrarase nas categorías básicas do réxime estatutario que corresponda, segundo as características das prazas orixinaria e estatutaria de referencia.

Para tal efecto, será de aplicación a táboa de homologacións que figura no anexo I desta orde, na que figuran as categorías funcionariais e laborais susceptibles de integracións e as correlativas estatutarias.

2.2. Non obstante, expediráselle, no momento en que se resolva a solicitude de homologación e integración, un nomeamento adicional ao persoal que desempeñe postos de traballo de xefatura adquiridos en virtude dun concurso ou libre designación, no posto equivalente de carácter estatutario. Este

nomeamento poderá ser definitivo, se o orixinario tiña tal condición por ser obtido mediante concurso ou concurso-oposición, ou ben provisional, se aquel foi expedido en virtude do sistema de libre designación.

Artigo 3º.-Efectos.

3.1. Ao persoal que resulte integrado aplicaráselle para todos os efectos o réxime económico e xurídico propio da categoría estatutaria na que se integre, e a súa prestación de servizos adecuarase á estrutura asistencial das institucións sanitarias do Sergas.

3.2. Ao persoal que resulte integrado nos réximes estatutarios da Seguridade Social respectaráselle, para todos os efectos, a antigüidade que teña á entrada en vigor desta resolución, aínda que os trienios que se lle recoñezan con posterioridade á data en que teña efectividade a integración serano de acordo co previsto na disposición 2ª.2 do Real decreto 3/1987, do 11 de setembro, e normativa de desenvolvemento aplicable.

3.3. O persoal funcionario ou laboral que se integre no réxime estatutario será declarado na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade no seu corpo, escala e/ou categoría de orixe.

Artigo 4º.-Complemento persoal transitorio.

4.1. Ao persoal que, tendo efectuada a opción de integración, percibise retribucións superiores ás correspondentes á categoría de homologación no Sergas, recoñeceráselle un complemento persoal e transitorio consistente na diferenza de retribucións. O citado complemento será absorbido por calquera mellora retributiva que se produza neste exercicio ou posteriores, incluídas as derivadas de cambio de posto de traballo ou categoría, de acordo coa normativa orzamentaria.

4.2. Para o cálculo do complemento persoal transitorio non se terán en conta as cantidades percibidas en concepto de atención continuada, complemento de nocturnidade, complemento de perigosidade, penosidade ou toxicidade, e realización de horas extraordinarias, así como calquera outro equiparable, nin as cantidades que en concepto de antigüidade teñan recoñecidas, ata a data en que remate o prazo de presentación das instancias para o exercicio da opción de integración.

4.3. Non se procederá a recoñecer ningún complemento persoal transitorio ao persoal do Hospital Santa María Nai de Ourense que por aplicación do acordo entre a Administración sanitaria e os representantes dos traballadores, publicado por resolución conxunta do 29 de xullo de 1994, xa lle foron recoñecidos complementos persoais transitorios para a súa equiparación ao persoal estatutario do Sergas. Tampouco se recoñecerá o dito complemento ao persoal que en virtude do mesmo acordo pasou, despois de terse adoptado este, a prestar servizos no mesmo centro coas mesmas condicións retributivas que o persoal estatutario.

Artigo 5º.-Efectos da non-integración.

5.1. Ao persoal que non exerza a opción de integración no réxime estatutario, respectaráselle o réxime económico e xurídico que derive da súa situación de orixe, tanto funcionarial como laboral de remisión, coa dependencia orgánica e funcional do Sergas, de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro.

5.2. Respecto das lagoas que se produzan na regulación dos colectivos funcionarial e laboral, aplicarase por analoxía a normativa da categoría estatutaria equiparable.

5.3. A prestación de servizos deste persoal non integrado adaptarase ás características de funcionamento das institucións sanitarias do Sergas, de forma que se integrará e adaptará na estrutura e organización de traballo dos centros sanitarios, debidamente cohonestado co resto do persoal.

Artigo 6º.-Exercicio do dereito de opción.

6.1. Prazos.

Sen prexuízo do establecido no inciso final do artigo 1º, o exercicio da opción de integración deberá realizarse con carácter individual, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da entrada en vigor desta orde, segundo modelo de instancia que se xunta como anexo II.

Os que non formulen opción expresa de integración entenderase que optan por non integrarse no réxime estatutario, coas consecuencias que se establecen no artigo 5º.

6.2. Procedemento.

As solicitudes, debidamente dilixenciadas pola dirección do centro, dirixiranse á División de Recursos Humanos do Sergas, e poderán ser presentadas nas oficinas de rexistro dos respectivos centros hospitalarios ou nas direccións provinciais do Sergas, sen prexuízo de que tamén poidan presentarse por calquera das formas establecidas na Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.3. Documentación.

O persoal que efectúe a opción de integración achegará, xunto coa súa solicitude, a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada da titulación académica ou, de ser o caso, do libro de escolaridade.

b) O persoal médico achegará, así mesmo, fotocopia compulsada do título de especialista que posúa e/ou que o habilite para exercer a praza que vén desempeñando.

c) Certificado oficial acreditativo do centro onde presta servizos, categoría profesional, natureza funcionarial ou laboral do vínculo, así como do carácter de persoal fixo.

Artigo 7º.-Resolución.

As solicitudes serán resoltas pola División de Recursos Humanos no prazo máximo de dous meses desde que remate a presentación de instancias para formular a opción de integración.

O anteriormente exposto enténdese sen prexuízo do disposto no inciso do artigo 1º desta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-De acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 e na disposición adicional segunda do Decreto 447/1996, ao persoal que opte á integración na categoría de auxiliar de enfermaría non lle será exixido o título de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria, para integrarse na devandita categoría, sempre que á súa entrada en vigor se atopasen prestando servizos en prazas desa categoría que resulten debidamente acreditados. Para tal fin o centro hospitalario expedirá certificación de servizos prestados.

Segunda.-Os postos de traballo de orixe do persoal que opte pola súa integración nos réximes estatutarios consideraranse amortizados e reconvertidos nos correspondentes estatutarios que determina para cada caso a táboa de homologacións que se inclúe no anexo I desta orde.

As vacantes que se produzan de persoal laboral ou funcionario que non se integren nos réximes estatutarios da Seguridade Social e que non estean afectados polas situacións previstas no artigo 1º b) desta disposición, declararanse a extinguir para a súa amortización ou, de ser o caso, substitución por prazas de persoal estatutario do Sergas.

Os postos de traballo vacantes ocupados polo persoal do artigo 2º desta norma consideraranse amortizados e reconvertidos en prazas de persoal estatutario, polo que o persoal que os ocupa cesará, na data en que teña efectividade a integración, no seu desempeño.

Non obstante, con efectos do día seguinte ao cesamento, expediráselles un nomeamento ou formalizará un contrato, segundo corresponda, para ocupar co mesmo carácter a correspondente praza de persoal estatutario.

Terceira.-Con respecto ao complemento PRD por traballo a quendas do persoal sanitario non facultativo e do persoal de xestión e servizos, incluirase entre as retribucións correspondentes á categoría de homologación para os efectos da determinación do complemento persoal e transitorio a que fai referencia o artigo 5º desta disposición.

A consideración deste complemento no cálculo do complemento persoal e transitorio practicarase sobre a asignación da contía correspondente á modalidade de traballo por quendas que corresponda ao posto de traballo de homologación, de conformidade co previsto no punto segundo do Acordo do 25 de xanei

ro de 1996 sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo de persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas, publicado por resolución conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

No suposto de producirse posteriormente á integración unha alteración no réxime de prestación de servizos do posto de traballo que determina a variación estable do réxime de traballo por quendas tomado en consideración para o cálculo do complemento persoal e transitorio, procederase á revisión do devandito complemento para reflectir nel a nova modalidade de quendas que pase a resultarlle de aplicación.

Cuarta.-No que respecta ao persoal das categorías en que a integración, segundo consta no anexo I, poida efectuarse en varias categorías estatutarias, a integración realizarase segundo sexan as funcións que veñan realizando de xeito estable e regular na organización de traballo do centro e que resulten debidamente acreditadas mediante certificación expedida pola dirección deste.

En todo caso, será condición imprescindible reunir os requisitos de titulación exixidos pola lexislación vixente para cada categoría de integración.

Quinta.-Persoal en expectativa de obter o título da especialidade.

O persoal suxeito a réximes transitorios de obtención do título da especialidade, que na data de publicación desta orde non estivese en posesión deste, e aquel persoal que posúa unha titulación respecto da cal aínda non estivese desenvolvida a regulamentación das súas especialidades, homologarase á categoría estatutaria de persoal técnico titulado superior que corresponda, sen prexuízo da súa posterior integración como facultativo especialista de área no momento en que, consonte o réxime transitorio da normativa de desenvolvemento das especialidades respectivas obteña a devandita titulación, e sempre que a dita normativa prevea a integración á citada categoría.

A dita integración realizarase logo de solicitude do interesado, só e exclusivamente, desde a praza na que se produciu a homologación no réxime xurídico de persoal estatutario de conformidade co disposto nesta orde.

Disposición transitoria

O persoal facultativo que se integre no réxime estatutario fará no momento da integración a opción polo réxime de dedicación normal ou de dedicación exclusiva ao sector público sanitario coa conseguinte renuncia ou solicitude de percepción do complemento específico, segundo o previsto no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde

e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.

A mencionada opción resolverase, conxuntamente coa solicitude de integración, no prazo establecido nesta norma.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2005.

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

Código: 1501.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Posto base grupo ECelador

Asistente social USMTraballador social

Asistente social COFTraballador social

Auxiliar sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

CociñeiroCociñeiro

Oficial conservación mant.

Axudante conservación, mant.Fontaneiro

Persoal limpeza, costuraPasador de ferro

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide.

Código: 1505.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Xefe de grupoGrupo auxiliar da función administrativa

Posto base grupo ECelador

CamareiroPinche

LimpadorLimpador

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Código: 1571.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo AFacultativo especialista de área

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Operador entrada de datosGrupo auxiliar da función administrativa

Posto base grupo DGrupo auxiliar da función administrativa

Posto base grupo ECelador

Xefe de servizoFacultativo especialista de área

Médico adxuntoFacultativo especialista de área

Médico especialistaFacultativo especialista de área

ATSDiplomado en enfermaría

AdministrativoGrupo administrativo

Auxiliar administrativoGrupo auxiliar da función administrativa

Axudante sanitarioCelador

Axudante sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Cociñeiro Cociñeiro

Xefe de servizo CC/90 Facultativo especialista de área

Supervisora xeral enfermar.Diplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

Enxeñeiro técnicoEnxeñeiro técnico

Asistente socialTraballador social

DenominaciónCategoría básica de homologación

Xefe de negociadoGrupo administrativo

Encargado de unidadeTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Oficial administrativo 1Grupo administrativo

Encargado xefe de cociñaCociñeiro

Auxiliar psiquiátricoTécnico en coidados auxiliares de enfermaría (en funcións de saúde mental)

Monitor laborterapiaMonitor

Auxiliar administrativo con HEGrupo auxiliar da función administrativa

Porteiro CC/90Celador

Garda porteiroCelador

Cociñeiro Cociñeiro

Camareiro de barCelador

TelefonistaTelefonista

CostureiraCostureira

Fontaneiro Fontaneiro

AlbanelAlbanel

PerruqueiroPerruqueiro

Peón cristaleiro-pintorPintor

CoidadorTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Coidador CC/90Técnico en coidados auxiliares de enfermaría

Axudante de limpeza sen HELimpadora

Auxiliar de cociñaPinche

Axudante de almacénCelador

Axudante de lavandaríaLavandeiro

Axudante técnico laboratorioTécnico especialista en laboratorio de diagnóstico clínico

Oficial laboratorioTécnico especialista en laboratorio de diagnóstico clínico

LimpadorLimpador

Médico especialistaFacultativo especialista de área

Técnico admón. xeralGrupo técnico da función administrativa

Supervisora xeralDiplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

MatronaMatrona

Asistente socialTraballador social

Encargado de mantemento Grupo de xestión da función administrativa

Supervisor de plantaDiplomado en enfermaría

AdministrativoGrupo administrativo

Mestre cociñeiroCociñeiro

ProgramadorTécnico especialista en sistemas da información

Xefe de almacénGrupo administrativo

Técnico FP 2Técnico especialista *

Auxiliar de clínicaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar administrativoGrupo auxiliar da función administrativa

Axudante sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Axudante sanitarioCelador

CeladorCelador

OrdenanzaCelador

Oficios variosPeón

* Indicar a especialidade que corresponda entre as seguintes:-Laboratorio de diagnóstico clínico.-Anatomía patolóxica e citoloxía.-Imaxe para o diagnóstico.-Radioterapia.

Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

Código: 2701.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Xefe sección provincialFacultativo especialista de área

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Posto base grupo CGrupo administrativo

Auxiliar sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

LimpadorLimpador

Complexo Hospitalario de Ourense.

Código: 3201.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Xefe sección provincialPersoal técnico superior. Psicólogo

Administrador Grupo administrativo

Posto base grupo A Facultativo especialista de área

Posto base grupo A Persoal técnico superior. Psicólogo

Director de enfermaríaDiplomado en enfermaría

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Posto base grupo CGrupo administrativo

Posto base grupo DGrupo auxiliar da función administrativa

Xefe servizo con CEFacultativo especialista de área

Xefe servizo sen CE Facultativo especialista de área

Xefe sección con CEFacultativo especialista de área

Xefe sección sen CE Facultativo especialista de área

Fac. xerarq. medicina xeralFacultativo especialista de área

Persoal técnico superiorPersoal técnico superior. Psicólogo

Grupo técnico función adtiva.Grupo técnico da función administrativa

Xefe sección adtivo.Grupo administrativo

Xefe grupo auxiliar adtivo.Grupo auxiliar da función administrativa

CostureiraCostureira

TelefonistaTelefonista

Celador at. directa ao enfermo Celador

Celador sen at. directa ao enfermoCelador

FogueiroPeón

LavandeiroLavandeiro

LimpadorLimpador

OperariaPeón

PinchePinche

Supervisor de área funcionalDiplomado en enfermaría

Supervisor unidadeDiplomado en enfermaría

ATS unidade hospitalDiplomado en enfermaría

Fisioterapeuta hospitalFisioterapeuta

Técnico especialistaTécnico especialista*

Auxiliar enfermaría unidade hospiTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Fac. xerarqu. med. xeral con CEFacultativo especialista de área

Asistente social COF.Traballador social

Xefe tallerGrupo administrativo

Xefe cociñaCociñeiro

Encargado lavandaríaGrupo administrativo

Oficial 1ª electricistaElectricista

Oficial 1ª calefactorCalefactor

Animador socioculturalGrupo administrativo

Auxiliar de clínica Técnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar psiquiátricoTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de enfermaríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Cociñeiro oficial 2ªCociñeiro

Auxiliar de farmaciaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Cociñeiro Cociñeiro

OperarioCelador

OperarioPinche

Técnico especialistaTécnico especialista*

Axudante de cociñaPinche

CostureiraCostureira

Pasador de ferroPasador de ferro

CortadoraCostureira

Xardineiro-hortelánXardineiro

OrdenanzaCelador

TelefonistaTelefonista

Vixilante nocturnoCelador

DenominaciónCategoría básica de homologación

LimpadorLimpador

FregadoraPinche

LimpadorLimpador

* Indicar a especialidade que corresponda entre as seguintes:-Laboratorio de diagnóstico clínico.-Anatomía patolóxica e citoloxía.-Imaxe para o diagnóstico.-Radioterapia.

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Código: 3601.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo AFacultativo especialista de área

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Costureira Nicolás PeñaCostureira

Técnico auxiliar Nicolás PeñaTécnico especialista*

Auxiliar especialista Nicolás PeñaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar radioloxía Nicolás PeñaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar hospital Nicolás PeñaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Psicólogo, psiquiatra hospitalPersoal técnico superior. Psicólogo

Xefe unidade con dedic. plenaEnxeñeiro técnico

ATS supervisoresDiplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

Asistente socialTraballador social

Graduado socialGrupo de xestión da función administrativa

AdministrativoGrupo administrativo

Operador informáticoTécnico especialista en sistemas da información

Xefe grupoGrupo auxiliar da función administrativa

Auxiliar Grupo auxiliar da función administrativa

Encargado persoal oficioGobernanta

AlbanelAlbanel

Cociñeiro Cociñeiro

Cociñeiro Gobernanta

CondutorCondutor

Fontaneiro calefactorFontaneiro

Oficial cafetaríaGobernanta

Oficial lavandeiroLavandeiro

PintorPintor

TelefonistaTelefonista

Xardineiro varrendeiroXardineiro

Auxiliar enfermaríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar psiquiatríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría (en funcións saúde mental)

Ordenanza-porteiroCelador

Axudante persoal-oficiosPinche

Axudante persoal-oficiosCelador

Operario de persoal-oficiosLimpador

Operario de persoal-oficiosPinche

Asistente social COFTraballador social

Auxiliar sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de clínica Técnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de enfermaríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Adxunto xefe de servizoFacultativo especialista de área

Auxiliar hospitalTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

FontaneiroFontaneiro

Cociñeiro Cociñeiro

Oper. servizos variosLimpador

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Código: 3603.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo APersoal técnico superior. Psicólogo

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Técnico admón. xeralGrupo técnico da función administrativa

Xefe clínico, anatomía patolóxicaFacultativo especialista de área

Adxunto, admisión Facultativo especialista de área

Xefe unidade con dedicación plenaEnxeñeiro técnico

ATS supervisoresDiplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

FisioterapeutaFisioterapeuta

MatronaMatrona

Asistente socialTraballador social

AdministrativoGrupo administrativo

Operador informáticoTécnico especialista en sistemas de información

Técnico especialistaTécnico especialista

Xefe grupoGrupo auxiliar da función administrativa

Auxiliar Grupo auxiliar da función administrativa

Encargado persoal oficioGobernanta

Mestre persoal oficiosFontaneiro

AlbanelAlbanel

CarpinteiroCarpinteiro

Cociñeiro Cociñeiro

ElectricistaElectricista

DenominaciónCategoría básica de homologación

Fontaneiro calefactorFontaneiro

Mecánico electricistaElectricista

Oficial costureiraCostureira

Oficial lavandeiraLavandeira

TelefonistaTelefonista

Xardineiro varrendeiroXardineiro

Auxiliar enfermaríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar psiquiatríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría (en funcións saúde mental)

Oficial cerimonialGrupo auxiliar da función administrativa

Ordenanza-porteiroCelador

Axudante persoal-oficiosCelador

Operario de persoal-oficiosPinche

Asistente social USMTraballador social

Auxiliar de clínica Técnico en coidados auxiliares de enfermaría

LimpadorLimpador

OficialLavandeira

Axudante cociñaPinche

Auxiliar administrativoGrupo auxiliar da función administrativa

Oper. servizos variosPeón

OrdenanzaCelador

MédicoFacultativo especialista de área

ATS con complemento toxicidadeDiplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

Auxiliar clínicaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Axudante sanitarioCelador

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL