DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 13 de maio de 2005 Páx. 8.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 27 de abril de 2005, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executar as obras de pavimentación e servizos na rúa Carril das Hortas. Por medio deste anuncio dáse a coñecer a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado pavimentación e servizos na rúa Carril das Hortas.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o prezo do contrato é de 186.810,70 euros.

5. Garantías.

Provisional: 3.736,21 euros.

Definitiva: 7.472,43 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86 e 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c) e grupo E, subgrupo 1, categoría c).

b) Outros requistos: os sinalados no prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3º andar).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o segundo día (agás sábados ou festivos) ao remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 820,60 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 27 de abril de 2005.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente alcalde delegado da Área de Economía, Emprego e Zona Rural