DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 20 de maio de 2005 Páx. 8.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2005 pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, para outorgar, mediante concesión, a xestión indirecta do servizo público de radiodifusión sonora dixital, de cobertura autonómica, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o prego de bases administrativas e de condicións técnicas

do concurso que neste anuncio se menciona; así mesmo acordou convocar o concurso público para outorgar, mediante concesión, a xestión indirecta do servizo público de radiodifusión sonora dixital, de cobertura autonómica, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Anuncio do concurso que se convoca:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo e obxecto do contrato: concesión da xestión indirecta do servizo público de radiodifusión sonora dixital, de cobertura autonómica, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Garantías.

a) Garantía provisoria: sinálase no anexo I do prego.

b) Garantía definitiva: sinálase no anexo I do prego.

5. PO prazo e o lugar de presentación das proposicións.

a) Prazo de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do vixésimo día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación das propostas: deberán presentarse:

-En man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (edificio administrativo San Caetano, bloque II, andar 2º, 15704 Santiago de Compostela, (A Coruña).

-Por correo na forma indicada no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro. Cando a documentación se envíe por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (981 54 48 02) ou telegrama antes das 14.00 horas da data límite de presentación de proposicións.

c) Documentación: a exixida no prego de bases administrativas e de condicións técnicas.

d) Modelo de solicitude: o que figura como anexo II no prego de bases administrativas e de condicións técnicas.

e) Modelo de proposición de oferta técnica: o que figura como anexo IV no prego de bases administrativas e de condicións técnicas.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica, financeira e técnica: poderán xustificarse polos medios establecidos no prego de bases administrativas e de condicións técnicas.

7. Obtención de documentación e información: o prego de bases administrativas e de condicións técnicas estará a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, 2º andar, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Así mesmo, tamén se poderán obter o prego que rexe esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=5494

Tamén na páxina web da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo:

http://www.xunta.es/conselle/cultura/cata/cata.htm

8. Apertura de proposicións de oferta técnica:

a) O lugar: realizarase pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) A data e a hora: a partir das 10.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao do peche do prazo de presentación de proposicións, que non coincida nin en sábado nin en festivo.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2005.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo