DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 06 de xuño de 2005 Páx. 9.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 142/2005, do 2 de xuño, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

En atención aos méritos que concorren en Real Coro Toxos e Froles, Santiago Rey Fernández-Latorre e Agustín Sixto Seco (a título póstumo), e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, é vontade do Goberno Galego outorgarlles a súa máis alta distinción.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Concederlles a Medalla de Ouro de Galicia a:

-Real Coro Toxos e Froles.

-Santiago Rey Fernández-Latorre.

-Agustín Sixto Seco (a título póstumo).

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Alberto Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública