DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2005 Páx. 11.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 163/2005, do 9 de xuño, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo II, do título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 47 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade oferente.

O artigo 21 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, establece que lle corresponde á Consellería de Sanidade aprobar os módulos económicos para a prestación de servizos propios, conveniados ou contratados do Servizo Galego de Saúde, así como a súa modificación

En virtude do Decreto 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, os ingresos procedentes da prestación de servizos sanitarios por parte das fundacións teñen a consideración de ingresos de dereito público.

As tarifas aplicables pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia están recollidas no Decreto 83/2004, do 15 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

O Decreto 159/2005, do 2 de xuño, derroga o Decreto 83/2004, do 15 de abril, coa excepción do anexo V, que establece os prezos públicos aplicables pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia.

A efectos de adecuar as tarifas ao custo económico derivado dos servizos ou actividades prestadas faise necesario actualizar o anexo V do Decreto 83/2004, do 15 de abril.

En consecuencia, co fin de regular a percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xuño de dous mil cinco,

DISPÓN:

Artigo 1º

Apróbanse as tarifas que figuran no anexo I deste decreto, aplicables aos servizos sanitarios prestados pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario.

Nos supostos de terceiros obrigados ao pagamento, por tratarse de gastos non financiables con ingresos da Seguridade Social (artigo 83 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade), cando o paciente non facilite os datos do terceiro obrigado para a súa correcta facturación, o gasto asistencial será ao seu cargo.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servizo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o anexo V do Decreto 83/2004, do 15 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

P.S. (Decreto 148/2005, do 7 de xuño)

Jaime Pita Varela

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Prezos aplicables pola Fundación Pública

Centro Transfusión Sanguínea de Galicia

A. Por servizos hemoterápicos

(En euros)

DescriciónTarifa

Concentrado de hemacias desleucocitadas104,12

Concentrado de hemacias fenotipadas e desleucocitadas104,12

Pool plaquetas Buffy Coat desleucocitadas (5 unidades)209,57

Plaquetas de aférese desleucocitadas255,26

Plasma fresco conxelado tratado con azul de metileno53,06

Plaquetas conxeladas868,05

Aférese Stem Cell752,34

Fenotipo de grupos distintos ABO e D (suplemento que se engadirá a cada compoñente por cada antíxeno fenotipado)9,71

Irradiación gamma de compoñentes sanguíneos (aplícase como un suplemento que se engadirá á tarifa de cada compoñente sometido a proceso de irradiación)26,86

Inactivación de patóxenos nas plaquetas (aplícase como un suplemento que se engadirá á tarifa de cada compoñente sometido a proceso de inactivación)125,71

Alicuotado de compoñentes sanguíneos (aplícase como un suplemento que se engadirá á tarifa de cada compoñente sometido a proceso de alicuotado)29,58

B. Por probas analíticas

DescriciónTarifa

Antíxeno de superficie de hepatite B (HBsAx)5,24

Anti-HBc Total (IgG + IgM) Core10,49

Anti HBc (IgM)11,13

Confirmatorio VHB (neutralización)19,65

Anticorpos hepatite C (Anti-VHC)10,49

Confirmatorio VHC (inmunoblotting)58,95

Anticorpos anti VIH 1+26,55

Antíxeno VIH (p24 ELISA)26,19

Confirmatorio VIH (inmunoblotting)45,85

Anticorpos HTLV I e II9,17

Anticorpos CMV (IgG + IgM)9,83

Marcadores hepatite B (HbsAx, HbcAx, Anti Hbc, Anti HBs)32,74

Seroloxía doadores (HbsAx, Anti VIH, Anti VHC, lues)20,96

PCR VHC78,59

PCR VIH78,59

Estudo anemias hemolíticas65,50

DescriciónTarifa

Tipaxe ABO e Rh4,91

Escrutinio de anticorpos irregulares7,20

Tipaxe e outros antíxenos eritrocitarios12,44

Linfoproliferativos78,59

Mieloproliferativos62,48

Pob. celulares: linfocitos B11,13

Pob. celulares: linfocitos T11,13

Pob. celulares: linfocitos T413,10

Pob. celulares: linfocitos T813,10

Pob. celulares: monocitos13,10

Sindr. Mielo-linfoproliferativos (por marcador)13,10

Ciclo ADN51,58

Tipaxe HLA-A baixa resolución PCR-SSOP reverso98,24

Tipaxe HLA-B baixa resolución PCR-SSOP reverso98,24

Estudo de aloinmunización contra antíxenos HLA de clase I130,99

Tipaxe HLA clase I ( A e B) LCT196,48

Tipaxe HLA-A baixa resolución PCR-SSP98,24

Tipaxe HLA-B baixa resolución PCR-SSP98,24

Tipaxe HLA-DR baixa resolución PCR-SSP91,69

Tipaxe HLA-C baixa resolución PCR-SSP85,14

Tipaxe HLA DRB1 alta resolución PCR-SSP203,03

Tipaxe HLA DQB1 alta resolución PCR-SSP117,88

Tipaxe HLA DPB1 alta resolución PCR-SSP216,12

Tipaxe HLA DRB3/4/5 alta resolución PCR-SSP78,59

Selección positiva de precursores hematopoéticos4.824,15

Selección negativa de precursores hematopoéticos2.429,85

Monoclonal adicional en selección negativa de precursores hematopoéticos600,98

C. Criopreservación

DescriciónTarifa

Concentrado de hemacias criopreservadas523,96

Criopreservación Stem Cell722,28

Criopreservación de proxenitores hematopoéticos para autotransplante589,45

Proba de compatibilidade para plaquetas24,72

D. Sangue de cordón umbilical

DescriciónTarifa

Unidade de sangue de cordón umbilical17.940,00