DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 30 de xuño de 2005 Páx. 11.621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de maio de 2005 pola que se regula a descarga, transporte e primeira venda dos produtos pesqueiros e acuícolas dos que non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa e se establece o procedemento para a autorización.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 105, do xoves, 20 de xuño, cómpre facer as oportunas correccións:

-Na páxina 9.546, artigo 7º.-Transmisión de datos, onde di: «O propietario da embarcación ...», debe dicir: «O propietario da mercadoría....».

-Na versión galega, no artigo 8 alínea d) e no artigo 9 b) onde di: «...indicativo internacional de raio...», debe dicir: «...indicativo internacional de radio...».

-Na páxina 9.547, na disposición adicional primeira onde di: «...Lei 8/2004, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros», debe dicir: «...Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueiras de Galicia».

O modelo do anexo I substitúese polo que aparece publicado nesta corrección de erros, que non supón unha modificación do contido.