DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 12 de xullo de 2005 Páx. 12.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de aprobación inicial e información pública do proxecto de expropiación para a execución da actuación número 3 do PEPRI da Cidade Vella e Pescadaría (praza do Africano).

A Xunta de Goberno Local, con data do 10 de xuño de 2005, adoptou o acordo que a continuación se transcribe:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a execución do ámbito de actuación nº 3 do PEPRI Cidade Vella e Pescadaría (praza do Africano).

Segundo.-Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro.-Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como tales».

De conformidade co disposto no artigo 143.2º e 3º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para que aqueles que resulten interesados formulen as observacións e reclamacións que estimen pertinentes.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (rúa do Parque-antigo cuartel de Intendencia), de luns a venres, das 12.00 ás 14.00 horas.

Esta publicación servirá de notificación para os interesados que resulten descoñecidos ou respecto dos que se ignore o lugar para a práctica da notificación, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei 30/1992.

A Coruña, 20 de xuño de 2005.

Francisco Javier Losada de Azpiazu

Tenente alcalde de Urbanismo