Advertidos erros no texto de devandito decreto publicado no DOG número 138, do 19 de xullo, cómpre efectuar as oportunas correccións.
1º Na páxina 12.809 columna segunda, artigo 3º, onde di: «requisitos para súa posta en funcionamento», debe dicir: «requisitos para a súa posta en funcionamento».
2º Na páxina 12.811, columna segunda, artigo 8º, número 1, letra e), onde di: «a devandita certificación debera facer constar...», debe dicir: «a devandita certificación deberá facer constar...».
3º Na páxina 12.811, columna segunda, artigo 9º, número 3, onde di: «... se ben deberá emitir informe
preceptivo á Inspección de Traballo e Seguridade Social.», debe dicir: «... se ben deberá emitir informe preceptivo a Inspección de Traballo e Seguridade Social.».