DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 04 de agosto de 2005 Páx. 13.687

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 212/2005, do 3 de agosto, polo que se dispón que cesen os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia que se citan.

Cumpridas as previsións do artigo 15, alínea 2, do Estatuto de autonomía de Galicia e en virtude das facultades que me confiren como presidente desta o artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cesen nos seus cargos os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia, de conformidade coa seguinte relación e agradecéndolles os servizos prestados:

-Alberto Núñez Feijoo, como vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-José Manuel Barreiro Fernández, como vicepresidente segundo e conselleiro de Medio Ambiente.

-Jaime Pita Varela, como conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-José Antonio Orza Fernández, como conselleiro de Economía e Facenda.

-Celso Currás Fernández, como conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Juan Rodríguez Yuste, como conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.

-José Antonio Santiso Miramontes, como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

-Jesús Pérez Varela, como conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-José Manuel González Álvarez, como conselleiro de Sanidade.

-Enrique César López Veiga, como conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Jesús Carlos Palmou Lorenzo, como conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local.

-Pilar Rojo Noguera, como conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

-Belén Prado Sanjurjo, como conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

-Aurelio Miras Portugal, como conselleiro de Emigración.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente