Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, procede a designación e o nomeamento dos seus titulares.
Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, alínea 3, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo único.-Nomear titulares dos departamentos da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:
-Anxo Manuel Quintana González, vicepresidente da Igualdade e do Benestar.
-José Luis Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
-José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía e Facenda.
-María José Caride Estévez, conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
-Laura Elena Sánchez Piñón, conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.
-Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria.
-Alfredo Suárez Canal, conselleiro do Medio Rural.
-Ánxela Bugallo Rodríguez, conselleira de Cultura e Deporte.
-María José Rubio Vilar, conselleira de Sanidade.
-María Carmen Gallego Calvar, conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos.
-Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
-Ricardo Jacinto Varela Sánchez, conselleiro de Traballo.
-María Teresa Táboas Veleiro, conselleira de Vivenda e Solo.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

