DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 12 de agosto de 2005 Páx. 14.218

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

DECRETO 238/2005, do 11 de agosto, polo que se dispón que cese Elisa Madarro González como directora xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese Elisa Madarro González como directora xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, once de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar