DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 22 de setembro de 2005 Páx. 15.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-APP-2005/48 e outro máis (animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución ditadas pola instrutora nos expedientes que por infracción á Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, poderanse examinar os expedientes, no Servizo de Medio Ambiente Natural, sito na R/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presentar as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 31 de agosto de 2005.

Juan Francisco Froján Fontán

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-APP-2005/48.

Denunciado: Miguel Ángel Soto Valenzuela.

Último enderezo coñecido: r/ Ourense, nº 29 de Sanxenxo (Pontevedra).

Feitos denunciados: circular cun can potencialmente perigoso de raza doberman solto e sen buceira pola vía pública. O denunciado xa fora avisado polos mesmos feitos acontecidos na praia do Con Negro-O Grove e non fora denunciado, manifestando que descoñecía a norma.

Feitos denunciados ás 19.30 horas do 18 de abril de 2005 polo paseo de madeira que dá acceso ao aparcadoiro da praia da Lanzada, termo municipal do Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 500 A.

Expediente: PO-APP-2005/58.

Denunciado: Carlos Caetano Bouzadas Táboas.

Último enderezo coñecido: r/ García Barbón, nº 112-5º de Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigosos de raza pitt-bull terrier sen posuír a preceptiva licenza para a tenza deste tipo de animais e levalo pola vía pública solto e sen buceira. O denunciado manifestou aos axentes actuantes que está tramitando toda a documentación do animal, xa que aínda é unha cría e que o seu veterinario lle informara de que ata que non tivese un ano de idade, non necesitaba estar inscrito no Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos.

Feitos denunciados ás 10.15 horas do 27 de maio de 2005 na praza da Estrela de Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1º b) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e grave do artigo 13.2º d) da citada Lei 50/1999.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 2.704,56 A e comiso do can, sen prexuízo de que poida terse en conta á hora de resolver o expediente a obtención da licenza polo denunciado.