En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de setembro de dous mil cinco,
DISPOÑO:
Que cese José Antonio Campo Andión como director do Instituto Galego de Estatística, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e nove de setembro de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
José Ramón Fernández Antonio
Conselleiro de Economía e Facenda
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA

