DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 13 de outubro de 2005 Páx. 16.602

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de outubro de 2005 pola que se conceden axudas a conservatorios de música non dependentes desta consellería.

Por Orde do 22 de marzo de 2005 (DOG do 8 de abril) publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música non dependentes desta consellería.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles as subvencións, nas contías que se sinalan, aos conservatorios de música que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, antes do 15 de outubro de 2005, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado

a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

ConservatorioImporte

Arzúa10.656,62 A

Barco de Valdeorras, O17.015,50 A

Betanzos12.565,67 A

Cambados10.922,86 A

Cangas22.220,18 A

Carballiño, O14.006,03 A

Carballo27.325,25 A

Celanova15.472,45 A

Culleredo25.287,66 A

Estrada, A16.883,13 A

Gondomar13.747,44 A

Guarda, A11.160,54 A

Lalín30.109,12 A

Melide23.137,68 A

Monforte de Lemos16.914,09 A

Noia16.839,96 A

Ponteareas27.193,16 A

Pontes de García Rodríguez, As23.129,62 A

Redondela19.429,42 A

Ribadavia9.361,85 A

Ribeira24.054,60 A

Tui14.042,95 A

Verín11.054,94 A

Vilagarcía de Arousa9.721,68 A

Vilalba26.155,86 A

Viveiro34.575,37 A

Xinzo de Limia17.016,37 A

Totais500.000,00 A