DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 02 de novembro de 2005 Páx. 17.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ANUNCIO do 6 de outubro de 2005, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de concesión de obra pública para a construción e explotación do desdobramento (conversión en autovía) da vía rápida VRG-4.1. Treito: enlace coa PO-531-Sanxenxo (clave PO/02/089.01).

Mediante Resolución do 15 de xuño de 2005, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda resolveu adxudicar o seguinte contrato:

Concesión de obra pública para a construción e explotación do desdobramento (conversión en autovía) da vía rápida VRG-4.1. Treito: enlace coa PO-531-Sanxenxo. Clave: PO/02/089.01.

Adxudicatario: agrupación S.A. de Obras y Servicios, Copasa-Puentes y Calzadas, Empresa Constructora, S.A.-Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra (Caixanova).

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2005.

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Transportes