DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 17 de novembro de 2005 Páx. 18.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial do sector B-2 do Plan Xeral de Ordenación Urbana A Parda, formulado por José Ramón Fernández-Bugallal Barrón, representado por Juan Manuel Pérez Pamies.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o 23-9-2005, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ao Plan parcial do sector B-2 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, formulado, mediante iniciativa particular, por José Ramón Fernández-Bugallal Barrón representado por Juan Manuel Pérez Pamies, que contén, entre outras determinacións, a delimitación de dous polígonos, e que foi redactado polo arquitecto Xosé Enrique Pérez-Ardá Criado, con visado da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de data 22-2-2005.

Segundo.-Notificar este acto administrativo a todos os interesados no procedemento con ofrecemento do réxime de recursos procedente e comunicalo aos organismos e entidades interesadas, concretamente a Deputación Provincial, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do plan parcial aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación deste acordo, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia facendo constar a remisión da documentación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e publicar as normas e ordenanzas do plan parcial no BOP para lograr a súa eficacia e executividade, de acordo co establecido nos artigos 92 da Lei

9/2002, do 30 de decembro e 70.2º e 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Terceiro.-Incorporar ao plan parcial, como de obrigado cumprimento, a decisión do 23 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, pola que, ao abeiro da vixente normativa de avaliación ambiental, terán que cumprirse na súa execución e na daqueles proxectos de obras que teñan por finalidade executar os servizos e as dotacións estable

cidas no planeamento, as medidas de aplicación que figuran no anexo da decisión, polo que xunto á notificación deste acto aos interesados se remitirá copia da decisión.

Cuarto.-Comunicar ao promotor do plan parcial que deberán prestarse as garantías do exacto cumprimento dos deberes de execución do plan parcial, por importe do 20% do custo estimado para a implantación dos servizos e a execución das obras de urbanización e de conexión cos sistemas xerais existentes, así como, se é o caso, as obras de ampliación e reforzo necesarias. Estas garantías constituiranse mediante calquera dos mecanismos previstos na lexislación de contratos das administracións públicas, deberán prestarse no prazo máximo de tres meses desde a aprobación definitiva do proxecto de urbanización e han de cancelarse, por petición dos interesados, unha vez recibida a urbanización nos termos establecidos polo artigo 110.5º da Lei 9/2002. Así mesmo, comunícase ao promotor que consonte os informes do Servizo Municipal de Infraestruturas e empresas subministradoras de servizos o posterior proxecto de urbanización definirá con detalle a situación dos hidrantes contra incendios, de xeito

que a distancia entre os mesmos non supere en ningún caso os 50 metros e todos os elementos da iluminación pública, tendo que recoller ese documento as condicións impostas nos informes emitidos.

Faise constar expresamente que se remitiu a documentación á que se refire o artigo 92.3º da Lei 9/2002 á CPTOPT, tendo entrada nese organismo en data 8-11-2005.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpor directamente por aqueles que se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º 6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente conforme dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 9 de novembro de 2005.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tte. alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Adolfo Castro Pérez

Vicesecretario