DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 25 de novembro de 2005 Páx. 18.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de novembro de 2005 pola que se establecen as condicións da emisión de obrigas da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 200 millóns de euros.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 225, do mércores, 23 de novembro de 2005, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 18.711, liñas 42 e 43, onde di: «...vencerá o día 30 de novembro...», debe dicir: «...vencerá o día 28 de novembro...».