DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 30 de decembro de 2005 Páx. 20.550

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 571/2005, do 29 de decembro, polo que se dispón o cesamento de vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo; no citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, sendo todos eles nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o devandito artigo 10 do Regulamento do ente público Portos de Galicia no seu número 8 establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vogal para ser proposto, ou a proposta emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións ou organismos que propuxeron o nomeamento; establece tamén este citado número 8, que os vogais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, das administracións locais e do persoal, agás as causas de cesamento que nel se consignan, desempeñarán o seu cargo durante catro anos. Así mesmo, o citado artigo 10 dispón no seu número 10 que os vogais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelixidos unha soa vez ao finalizaren ao seu mandato.

Considerando que os vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia esgotaron o seu mandato, e preciso pois, proceder á renovación dos vogais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, e do representante do persoal do ente público, polo que recibidas as propostas correspondentes ás distintas administracións públicas, organismos, entidades e órganos, e, na súa virtude, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento como vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos:

-Antonio Pérez Olveira.

-Manuel Chan González.

Artigo 2º

O cesamento como vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes:

-Pedro Piñeiro Lago.

-Santiago Pérez Torres.

-Enrique Acuña Fernández.

-Pablo Crespo Sabarís.

Artigo 3º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza: Pablo Figueroa Dorrego.

Artigo 4º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Economía e Facenda: José María Traveso Pardo.

Artigo 5º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Innovación e Industria: Jesús Vázquez San Luiís.

Artigo 6º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Dirección Xeral de Turismo: María Ángeles Antón Vilasánchez.

Artigo 7º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña: Genaro Amigo Chouciño.

Artigo 8º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo: Domingo Fernández Fernández.

Artigo 9º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra: Manuel Pazos Vázquez.

Artigo 10º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia da Coruña: Manuel Fontao Lampón.

Artigo 11º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo: José Manuel Sánchez García.

Artigo 12º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Pontevedra: Víctor Nogueira García.

Artigo 13º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en

representación das administracións locais pola provincia da Coruña: José Luís Torres Colomer.

Artigo 14º

O cesamento como vogal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia da Coruña: Alberto Blanco Rodríguez.

Artigo 15º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Lugo: Francisco Cacharro Pardo.

Artigo 16º

O cesamento como vogal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Lugo: Manuel Díaz Sampedro.

Artigo 17º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Pontevedra: Telmo Martín González.

Artigo 18º

O cesamento como vogal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Pontevedra: Gonzalo Durán Hermida.

Artigo 19º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das federacións e clubs náutico-deportivos galegos: José Ángel Rodríguez Santos.

Artigo 20º

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación do persoal do ente público: Antonio Martín Jiménez.

Artigo 21º

O cesamento como vogal suplente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación do persoal do ente público: María del Carmen Martínez Domínguez.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes