DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 30 de decembro de 2005 Páx. 20.556

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2005 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2005, sobre a revisión da contía da indemnización por uso de vehículo particular e a das axudas de custo en territorio nacional, establecidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 29 de decembro de 2005 adopta, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o acordo que a seguir se especifica:

De conformidade co establecido na disposición derradeira cuarta do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, e con efectos a partir do día primeiro de xaneiro próximo, actualízase a contía da indemnización por uso de vehículo particular en comisión de servizo e a das axudas de custo en territorio nacional, previstas, respectivamente, no artigo 14, punto seis, e no anexo II do devandito decreto, que quedan fixadas como segue:

Uso de vehículo particular, 0,19 euros por quilómetro percorrido.

Axudas de custo en territorio nacional (euros):

Por gruposPor aloxamentoPor manutenciónAxuda de custo enteira

102,5653,34155,90

65,9737,40103,37

48,9228,2177,13

48,9228,2177,13

Ordénase a publicación deste acordo, para os efectos do seu xeral coñecemento e aplicación.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2005.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza