DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2006 Páx. 901

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 11 de xaneiro de 2006 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia, anunciada por Orde do 21 de novembro de 2005 (Diario Oficial de Galicia número 228, do 28 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, mediante Orde do 21 de novembro de 2005 (DOG nº 228, do 28 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta vicepresidencia

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta vicepresidencia do 21 de novembro de 2005.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servizos o funcionario,

ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta vicepresidencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2006.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Valle López, Ramón Alberto del.

NRP: 3275020224 A2060.

Grupo: A.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Persoal e Coordinación.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral e de Relacións Institucionais.

Localidade: Santiago de Compostela.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA