DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2006 Páx. 3.432

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (233/2001-p).

Eu, Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, nos autos de xuízo 233/01-p, sobre reclamación de cantidade, coas partes que se mencionarán, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza. Na Coruña o once de xullo de dous mil catro. José María Fernández Abella, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número nove dos da Coruña, viu os presentes autos de xuízo ordinario número 233/01-p, sobre reclamación de cantidade, promovidos por Publicaciones Tameiga, S.L., representada pola procuradora Beatriz Borrego Alonso e defendida pola letrada Silvia Rodríguez, contra a sociedade El Partido de A Coruña, S.L., contra Nova Altafulla, S.L. e contra Ángel Blanco Ferriz, todos en situación procesual de rebeldía, tendo recaído esta resolución con base no seguintes (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando integramente a demanda presentada pola Sra. Dorrego Alonso, en nome e representación da entidade Publicaciones Tameiga, S.L., asistida polo Sr. Silva Rodríguez contra a entidade Nova Ataulfa, S.L., contra a entidade El Partido de A Coruña, S.L., e contra Ángel Blanco Terriz, todos eles declarados en rebeldía procesual,

aos que debo condenar e condeno solidariamente a pagar á entidade Publicaciones Tameiga, S.L. a cantidade de 2.885.785 ptas. en concepto de principal, incrementado no xuro legal que devenguen a expresada cantidade desde o vencemento da obrigación de pagamento. Todo iso con expresa imposición de custas aos demandados.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se deberá preparar perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e ss. da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Con data 26-11-2004 ditouse auto de aclaración cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: «cabe a rectificación da sentenza ditada nos presentes autos, debendo rectificarse o segundo apelido do codemandado, tendo que se corrixir este, véxase, Sr. Ángel Blanco Ferriz».

E para que conste e lle sirva de notificación ao demandado rebelde Nova Ataulfa, S.L., entidade El Partido de A Coruña, S.L. e Ángel Blanco Ferriz e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña o 21-9-2005.

A secretaria

Rubricado