DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 08 de agosto de 2006 Páx. 12.530

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2006 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xullo de 2006 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Deporte.

O Decreto 232/2005, do 11 de agosto, fixou a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia. Como consecuencia do dito decreto, a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo pasou a depender da Consellería de Innovación e Industria. En virtude da disposición derradeira primeira do dito decreto pola Consellería de Economía e Facenda fixéronse os correspondentes traspasos de crédito do capítulo I. Determinados postos de traballo dependentes das delegacións provinciais da consellería de Cultura e Deporte que tiñan encomendadas tarefas de apoio aos servizos provinciais de turismo non puideron traspasarse ao non serlle de aplicación o dito decreto; polo contrario, un posto de traballo pertencente á Oficina de Turismo de Vigo que se traspasou como consecuencia do decreto, debe manterse na oficina local da Consellería de Cultura Deporte que de non ser así quedaría sen atender.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura e Deporte, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 13 de xullo de 2006, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Deporte, nos termos que se sinalan no anexo ao presente acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no, Diario Oficial de Galicia, para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte á dita publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trece de xullo de dous mil seis, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Deporte, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza