Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 22 de xuño de 2006, relativo á concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial, é necesario darlle publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servizo de radiodifusión sonora de carácter comercial; no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia,
RESOLVO:
Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na reunión do 22 de xuño de 2006, polo que se outorga a concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor da empresa Radio Media Galicia, S.L., para a localidade da Coruña; coas características técnicas que figuran no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2006.
Manuel José Fernández Iglesias
Director xeral de Comunicación Audiovisual
ANEXO
Que o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de xuño de dous mil seis adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Outorgar a concesión definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación
de frecuencia a favor da empresa Radio Media Galicia, S.L., para a localidade da Coruña (A Coruña).
As características técnicas que se asignan á emisora son:
-Frecuencia (MHz): 89.2.
-Localidade: A Coruña.
-Provincia: A Coruña.
-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude):
008º W 17' 05'' / 43º N 27' 08''.
-Cota (m): 255.
-Denominación da emisión: 256KF8EHF.
-Potencia radiada aparente máxima: 8.000 W.
-Potencia máxima do equipo transmisor: 2.000 W.
-Potencia de saída autorizada do transmisor: 1.597 W.
-Directividade: non directiva.
-Sectores de radiación: -
-Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 25.
-Altura do mastro sobre o chan (m): 30.
-Altura efectiva máxima (m): 280.
-Polarización da emisión: polarización vertical.
-Observacións:-