DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 08 de setembro de 2006 Páx. 13.813

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 147/2006, do 31 de agosto, polo que se modifica o Decreto 156/2002, do 18 de abril, polo que se establecen os prezos públicos dos conservatorios de música, centros autorizados de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza, escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A norma que determina os prezos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de réxime especial de música, danza, idiomas e conservación e restauración de bens culturais é o Decreto 156/2002, do 18 de abril. Desde a promulgación desta norma ata a actualidade implantáronse en Galicia as ensinanzas superiores de arte dramática e as ensinanzas superiores de deseño, o que fai preciso fixar os prezos destas ensinanzas, así como axustar os xa existentes noutros ámbitos educativos co obxecto de homoxeneizar os criterios para a súa aplicación, mediante a publicación do correspondente decreto.

Para estes efectos, establécense os prezos públicos tomando como unidade de referencia o crédito naquelas ensinanzas que xa teñen definida a súa estrutura curricular de acordo con este patrón, e diferenciando as que son conducentes a unha titulación equivalente a diplomatura universitaria daqueloutras equivalentes a licenciatura universitaria, segundo dispón a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Así mesmo, establécense os prezos públicos de acordo co artigo 9 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, co fin de procurar a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminación de toda discriminación derivada de prexuízos sociais fundamentados no xénero.

Na súa virtude, e de conformidade co previsto no artigo 47 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Consellería de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de agosto de dous mil seis.

DISPOÑO:

Artigo único.

Os artigos do Decreto 156/2002, do 18 de abril, polo que se establecen os prezos públicos dos con

servatorios de música, centros autorizados de música, conservatorios de danza, centros autorizados de danza, escolas oficiais de idiomas e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, que a continuación se relacionan, quedarán redactados como seguen:

Un

«Artigo 1º

Este decreto establece a contía dos prezos públicos correspondentes ás ensinanzas regradas de música, danza, arte dramática, idiomas, conservación e restauración de bens culturais e estudos superiores de deseño na Comunidade Autónoma de Galicia».

Dous

«Artigo 2º

1. Nas ensinanzas de música e artes escénicas en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os prezos públicos correspondentes ás ensinanzas regradas de música serán os seguintes:

a) Grao elemental de música e de danza.

Apertura de expediente: 19 euros.

Servizos xerais: 11 euros.

Matrícula de curso completo: 90 euros.

Matrícula de disciplinas soltas: 30 euros.

Validación de disciplinas soltas: 6 euros.

b) Grao medio de música e de danza.

Preinscrición proba de acceso: 30 euros.

Apertura de expediente: 19 euros.

Servizos xerais: 11 euros.

Matrícula de curso completo: 150 euros.

Matrícula de disciplinas soltas: 45 euros.

Validación de disciplinas soltas: 6 euros.

c) Grao superior de música e de danza.

Preinscrición proba de acceso: 60 euros.

Apertura de expediente: 19 euros.

Servizos xerais: 11 euros.

En primeira e segunda matrícula, por crédito: 5 euros.

En terceira ou sucesivas matrículas, por crédito: 8 euros.

Validación de disciplinas por crédito: 1 euro.

d) Ensinanzas superiores de arte dramática.

Preinscrición proba de acceso: 60 euros.

Apertura de expediente: 19 euros.

Servizos xerais: 11 euros.

En primeira e segunda matrícula, por crédito: 5 euros.

En terceira ou sucesivas matrículas, por crédito: 8 euros.

Validacións de disciplinas por crédito: 1 euro.

2. O alumnado que curse simultaneamente dúas especialidades aboará os prezos públicos correspondentes a un curso completo máis os das materias soltas que sexan necesarias para complementar a outra especialidade, e non deberá aboar os prezos públicos das materias comúns nesta segunda especialidade.

3. O importe aboado polo alumnado que se matricule en disciplinas soltas correspondentes a un mesmo curso non poderá exceder o fixado para o curso completo».

Tres

«Artigo 3º

Nas escolas oficiais de idiomas a contía dos prezos públicos para os conceptos e ensinanzas será a que se indica a continuación:

Apertura de expediente: 19 euros.

Servizos xerais: 11 euros.

Matriculación por idioma: 70 euros.

Proba de nivel: 15 euros.

Cursos monográficos (por cada hora): 3 euros».

Catro

«Artigo 4º

1. Nas ensinanzas superiores de artes plásticas e deseño, en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, os prezos públicos correspondentes ás ensinanzas regradas de música serán os seguintes:

a) Ensinanzas superiores de conservación e restauración de bens culturais.

Preinscrición proba de acceso: 50 euros.

Apertura de expediente: 19 euros.

Servizos xerais: 11 euros.

Matrícula curso completo: 250 euros.

Matrícula de disciplinas soltas: 50 euros.

Validación de disciplinas: 10 euros.

b) Ensinanzas superiores de deseño.

Preinscrición proba de acceso: 50 euros.

Apertura de expediente: 19 euros.

Servizos xerais: 11 euros.

En primeira e segunda matrícula, por crédito: 3 euros.

En terceira ou sucesivas matrículas, por crédito: 4 euros.

Validacións de disciplinas por crédito: 1 euro.

Cursos monográficos por crédito: 30 euros.

2. O importe aboado polo alumnado que se matricule en disciplinas soltas correspondentes a un mesmo curso non poderá exceder o fixado para o curso completo».

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela trinta e un de agosto de dous mil seis.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria