DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 25 de setembro de 2006 Páx. 14.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2006 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan parcial de ordenación do sector número 1 de solo urbanizable residencial O Bertón e os terreos adscritos do sistema xeral ZV-7 O Montón do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo subscribiu con data do 24 de setembro de 1999 un protocolo co Concello de Ferrol para a promoción na zona do Bertón dunha actuación residencial de vivendas de protección pública.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol aprobouse definitivamente por acordo do Pleno do concello en sesión do 28 de decembro de 2000 e nel delimitAranse o sector número 1 de solo urbanizable do Bertón (PP-1-R), para desenvolver mediante o correspondente plan parcial, imputándolle como sistema xeral exterior adscrito a este unha parte dos terreos do sistema xeral ZV-7 O Montón. O IGVS formulou o parcial de ordenación que obtivo a súa aprobación definitiva por acordo do Pleno do concello en sesión do 26 de febreiro de 2004 e nel establécese a súa execución polo sistema de expro

piación aplicable a todo o seu ámbito coa adscrición dos terreos do sistema xeral ZV-7 do Montón.

Segundo dispón o artigo 98.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: «A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para os fins de expropiación ou imposición de servidumes».

Segundo o artigo 108.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: «A execución dos plans polo sistema de expropiación pode ser obxecto de concesión administrativa ou ser asumida polos órganos ou entidades da Administración autonómica ou do Estado».

O presente expediente ten por obxecto a expropiación polo Instituto Galego da Vivenda e Solo dos bens necesarios para levar a cabo a execución do Plan parcial de ordenación do sector nº 1 do solo urbanizable do PXOM de Ferrol, O Bertón, consistente na adquisición dos terreos, a súa urbanización e edificación para cumprir os fins previstos no plan.

Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións (LRSV), na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG) e no R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, que aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU).

O artigo 199.1º do RXU establece que «a execución do plan polo sistema de expropiación nun polígono ou unidade de actuación determinado requirirá que a Administración actuante, ademais de proceder á delimitación do seu ámbito territorial, formule, conforme o previsto na lexislación de expropiación forzosa, unha relación dos propietarios existentes no dito ámbito, coa descrición dos bens e dereitos afectados.

O artigo 36 LRSV establece que «o prezo xusto dos bens e dereitos expropiados determinarase conforme o establecido no título III da presente lei, mediante expediente individualizado ou polo procedemento de taxación conxunta». Así mesmo, o artigo 142.2º da LOUG establece que «a Administración actuante poderá aplicar o procedemento de taxación conxunta conforme o disposto no artigo seguinte ou seguir o expediente de valoración individual de acordo co establecido na lexislación xeral de expropiación forzosa»; e o artigo 201 do RXU establece que: «1. No sistema de expropiación, o expropiante poderá optar entre seguir a expropiación individualizada

mente para cada predio ou aplicar o procedemento de taxación conxunta. 3. Se o órgano urbanístico optase polo procedemento de taxación conxunta, seguirase a tramitación regulamentada nos artigos seguintes».

Tratándose dunha expropiación urbanística, o presente expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, ao abeiro do devandito artigo 142.2º da LOUG.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento aos propietarios afectados e ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, consonte o disposto no artigo 36 da Lei 6/1998, do réxime do solo e valoracións, artigo 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e artigos 201 e 202 do Regulamento de xestión urbanística.

Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados no ámbito do Plan parcial de ordenación do Bertón e terreos adscritos do sistema xeral ZV-7 O Montón.

De conformidade, co previsto no artigo 143 da Lei 9/2002 (LOUG), o proxecto sométese a información pública por prazo dun mes mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior circulación da provincia para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que concerne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos. Así mesmo, as taxacións notificaránselles individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, para que poidan formular as alegacións no prazo dun mes, contados a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto no Concello de Ferrol e na Delegación Provincial do IGVS na Coruña, sitas no edificio administrativo de Monelos 9º andar, durante un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante este período todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, dirixidas ao IGVS na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2006.

Mª Teresa Táboas Veleiro

Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

RELACIÓN DE TITULARES, BENS E DEREITOS AFECTADOS

PREDIOS

REF. CATASTRALTITULARDOMICILIOSUP. MAFECCION

0013857625NJ6135N0001DSAMPARO CARBALLEIRA GRUEIRO E OUTROR/ O BERTON, 58-67, 1º. 15404 FERROL. A CORUÑA1.120PARCIAL

0063857620NJ6135N0001FSHROS. DE CONSUELO FERRERO FOMPEDRIÑAR/ O BERTON DE ARRIBA, 77. 15405 FERROL. A CORUÑA62PARCIAL

0073857619NJ6135N0001OSJUAN REY FREIRE E OUTROSR/ O BERTON, 79. 15404 FERROL. A CORUÑA45PARCIAL

009A3857602NJ6135N0001ZSMANUEL MARCOS MACEIRASESTR. DA GANDARA, 209-1º. 15407 NARON, A CORUÑA186PARCIAL

PREDIOS

REF. CATASTRALTITULARDOMICILIOSUP. MAFECCION

009B3857603NJ6135N0001USJOSEFA NELIA NOVO GRAÑA E OUTROSESTR. CASTELA, 91-2º. 15404 FERROL. A CORUÑA181PARCIAL

0113857605NJ6135N0001WSHILARIO CASANOVA CAINZOSCM. BARBEITO, 48 BAIXO. 15404 FERROL216PARCIAL

0123857606NJ6135N0001ASHILARIO CASANOVA CAINZOS E ESPOSACM. BARBEITO, 48 BAIXO. 15404 FERROL245PARCIAL

0173857617NJ6135N0001FSRODRIGO COUCE LORENZO E OUTROS

ALFONSO PICOS CAAVEIRO

PZA. DE CUBA, 2-2º D. 154004 FERROL. A CORUÑA

LG. SAN PEDRO DE LEIXA, 71. 15405 FERROL. A CORUÑA

82PARCIAL

0184057310NJ6145N0001HHILDEFONSA CARBALO SEIJO E OUTROSR/ SARTAÑA, 49-1º I. 15402 FERROL. A CORUÑA468PARCIAL

0204057312NJ6145N0001AHDESCOÑECIDO 981TOTAL

0214057313NJ6145N0001BHJOSE DOPICO NOGUEROLR/ SARTAÑA, 22-2º B. 15402 FERROL. A CORUÑA381TOTAL

0264057115NJ6145N0001UHMARIA ANGELES TENREIRO FONTELA E OUTROSR/ O BERTON, 133 BAIXO. 15404 FERROL. A CORUÑA733PARCIAL

0284057114NJ6145N0001ZHCELIA CORTIZAS DEIBER/ A PARDA, 1 BAIXO. 15406 FERROL. A CORUÑA178PARCIAL

0294057123NJ6145N0001YHJUAN MANUEL PUENTE MONTERO E OUTROSLG. AS CONGOSTRAS, 26. 15597 NARON. A CORUÑA673PARCIAL

0544055808NJ6145N0001SHCIPRIANA PICO LOPEZLG. SANTA MARGARIDA, 13. 1541 O VAL. NARON. A CORUÑA722TOTAL

0574055805NJ6145N0001IHALVARO FRAGA LOPEZR/ PINTOR BELLO PIÑEIRO, 40-5º I. 15404 FERROL. A CORUÑA866TOTAL

0614055821NJ6145N0001YH,

(PARTE);

4055818NJ6145N0001YH;

4055819NJ6145N0001GH

PEDRO FRANCISCO PENA PEREIRACM. DA PARDA, 43. 15406 FERROL. A CORUÑA2.370TOTAL

0624055820NJ6145N0001BHMANUEL GARCIA BOUZA E ESPOSAAVDA. CASTELAO, EDF. 39, PORTAL 3-3º B. 15406 FERROL. A CORUÑA158TOTAL

0664055810NJ6145N0001EHFORTUNATA GOMEZ DOPICO E OUTROSR/ A PARDA, 71 BAIXO. 15406 FERROL. A CORUÑA2.744TOTAL

0684055812NJ6145N0001ZHCONCELLO DE FERROL (PATRIMONIO)PZA. DE ARMAS, S/N. 15402 FERROL. A CORUÑA220TOTAL

0694055813NJ6145N0001UHANTONIO GARCIA RODRIGUEZR/ PARTICULAR DE ALONSO, 4-3º I. 48930 AL AREANAS. BILBO. BIZKAIA279TOTAL

0704055814NJ6145N0001HHBAUTISTA NIETO CARBALLEIRA

HDOS. DE ANTONIO CARBALLEIRA PENA

R/ CRISTOBAL COLON, 10-2º. 15407 NARON. A CORUÑA184TOTAL

0743956107NJ6135N0001PSCANDIDO BAAMONDE VILASUSOR/ A PARDA, 8-1º. 15406 FERROL. A CORUÑA385PARCIAL

0783956111NJ6135N0001LSMARIA LUISA FERNANDEZ FERNANDEZR/ A PARDA, 10-1º. 15406 FERROL. A CORUÑA156PARCIAL

0793956114NJ6135N0001MSMANUEL GARCIA BOUZA E ESPOSAAVDA. CASTELAO, EDIF. 39, PORTAL 3-3º B. 15406 FERROL. A CORUÑA382TOTAL

0913956124NJ6135N0001JSOLIMPIA RIO CALR/ O BERTON, 123. 15404 FERROL. A CORUÑA551PARCIAL

0963956119NJ6135N0001XSOLGA AMADO FERNANDEZR/ CAMIÑO DA PARDA, 36 BAIXO. 15406 FERROL. A CORUÑA90TOTAL

1023855113NJ6135N0001JSDESCOÑECIDO 844TOTAL

112AR1 ANDRES NOVO PIÑONR/ A PARDA, 55 BAIXO. 15406 FERROL. A CORUÑA0ARRENDAMENTO

112AR2 HORTENSIA RODRIGUEZ LAMASR/ A PARDA, 55-1º. 15406 FERROL. A CORUÑA0ARRENDAMENTO

1263855132NJ6135N0001LSISABEL PONCE ANCA E OUTROSR/ ALVARO CUNQUEIRO, 1-2º D. 15400 FERROL. A CORUÑA891TOTAL

1283851001NJ6135N0001TS,

3855157NJ6135N0001YS E

3855155NJ6135N0001AS

HROS. DE JOSE GONZALEZ LOPEZ,

(FRANCISCO JOSE GONZALEZ PANTIN)

R/ DA IGREXA, 184-4º B. 15402 FERROL. A CORUÑA1.415TOTAL

1303855154NJ6135N0001WSMARIA ANGELES TENREIRO FONTELA E OUTROSR/ O BERTON, 133 BAIXO. 15404 FERROL. A CORUÑA648TOTAL

1513855139NJ6135N0001DSJOSEFA PICOS CALVOR/ SARTAÑA, 67-1º. 15404 FERROL. A CORUÑA359TOTAL

1553855149NJ6135N0001USMARIA DEL CARMEN CASTRO CASTELEIRO

MATILDE CASTRO CASTELEIRO

MANUEL CASTELEIRO COBELO

RAMON CASTELEIRO COBELO

REMEDIOS FONTELA LEAL

ROSARIO FONTELA LEAL

FRANCICA FONTELA LEAL

JUAN FONTELA LEAL

ESTEBAN FONTELA PONCE

AURORA FONTELA PONCE

AURORA PONCE ANCA

R/ O BERTON DE ARRIBA, 117-1º. 15406 FERROL

R/ CANARIAS, 4-3º B. SAN SEBASTIAN DE LOS REYES. MADRID

AVD. DA PAZ, 20-22, 1º I. 15403 FERROL

R/ SARTAÑA, 50-3º I. FERROL

R/ BETANZOS, 5 BAIXO. 15403 FERROL

R/ O BERTON, 123 BAIXO. 15406 FERROL

R/ O BERTON, 153 B. 15406 FERROL

R/ VARELA, 65. FERROL. A CORUÑA

POLIGONO TOENEIROS, FASE IV, 8, 3, 1º DC. RIBEIRA. A CORUÑA

R/ OURENSE, 22 BI. 15403 FERROL

AVDA. DE CASTELAO, 21-3º B. FERROL. A CORUÑA

857PARCIAL

1563855150NJ6135N0001SS, (PARTE)ANTONIO NOVO LEDOR/ O BERTON, 155 BAIXO. 15404 FERROL. A CORUÑA160TOTAL

1643655302NJ6135S0001GSROSARIO FONTELA LEALR/ O BERTON, 132 BAIXO. 15404 FERROL. A CORUÑA505TOTAL

1663756912NJ6135N0001USMANUEL CAGIAO CORDEIRO

ERNESTINA CAGIAO CORDEIRO

ANDRES MARTINEZ CAGIAO

MARIA TERESA DE JESUS QUINTIAN ILLANES

R/ LEPANTO, 35, ESCALEIRA 2, 4º A. 15406 FERROL. A CORUÑA

VIVENDAS DE BAZAN, RUA C, Nº 1 BAIXO C. 15406 FERROL. A CORUÑA

R/ O BERTON, 124. 15404 FERROL. A CORUÑA

R/ CADIZ, 1-4º I. 15406 FERROL. A CORUÑA

1.622TOTAL

1673756913NJ6135N0001HSILDEFONSA CARBALO SEIJO E OUTROSR/ SARTAÑA, 49-1º I. 15402 FERROL. A CORUÑA477TOTAL

17237569NJ6135N0001SSMARIA ANGELES TENREIRO FONTELA

E OUTROS

R/ O BERTON, 133 BAIXO. 15404 FERROL. A CORUÑA1.865TOTAL

1733756901NJ6135N0001RSCONCEPCION BLANCO SANTARENR/ O BERTON, 70 BAIXO. 15404 FERROL. A CORUÑA416PARCIAL

1743857629NJ6135N0001ESMARIA OLGA LOPEZ BALSAR/ AS PONTES, 6-8, 2º I. 15407 NARON. A CORUÑA88PARCIAL

1753554401NJ6135S0001DBISOLINA RIVERA CARBAJALES E OUTROS

JOSE MANUEL RIVERA CARBAJALES

LG. CACHEIRAS-AS POZAS. 15704 TEO. A CORUÑA

AVDA. DOUTOR MARTINEZ GARCIA, 29. 36994 POIO. PONTEVEDRA

286TOTAL

1763654901NJ6135S0001WB;

3654902NJ6135S0001AB;

3654903NJ6135S0001BB

E 3654907

HERMINIA DEL RIO REYR/ SARTAÑA. 56-1º. 15406 FERROL. A CORUÑA1.027TOTAL

1803854801NJ6135S0001TBDESCOÑECIDO 126TOTAL

1813854802NJ6135S0001FBDESCOÑECIDO 74TOTAL

1823854803NJ6135S0001MBEMILIA DIAZ LORENZO

MARIA CAHAZA PENA

DOLORES CACHAZA PENA

MARIA DEL CARMEN CACHAZA FRANCO

MARIA JESUS CACHAZA FRANCO

R/ ALCALDE USERO, 56-1º D. 15403 FERROL

LG. CERNADAS DE ARRIBA, 4. VILAMATEO-VILARMAIOR. A CORUÑA

R/ CURTIDORES, 5-2º D. IRUN

R/ PENA LOPESA, 2-3º D. 15407 NARON

ESTR. CASTELA, 182-43º. 15407 NARON

121PARCIAL

1833854804NJ6135S0001OBMARGARITA GARCIA RIOBOO E OUTROSALTO DO CASTAÑO, 176-1º. 15407 NARON. A CORUÑA407TOTAL

2015049102NJ6154N0001BECLAUDIA ROMALDE CARREIRAR/ ARMADA ESPAÑOLA, 26-8º B. 15406 FERROL. A CORUÑA391TOTAL

2025049103NJ6154N0001YEFRANCISCO VAZQUEZ ABELEDO E OUTROSESTR. CASTELA, 209-3º B, 15405 FERROL

LG. GUNTURIZ, S/N. 15600 PONTEDEUME. A CORUÑA

756TOTAL

2035249005NJ6154N0001REDESCOÑECIDOS 131TOTAL

2045249006NJ6154N0001DESOCORRO CABANA ARES 421TOTAL

2055249009NJ6154N0001JEOTILA BOUZA COUCE

FRANCISCO BOUZA COUCE

AURELIA BOUZA COUCE

R/ ARMADA ESPAÑOLA, BLOQUE 31, ESCALEIRA 9, 4º C.

15406 FERROL. A CORUÑA

R/ ARMADA ESPAÑOLA, BLOQUE 31, ESCALEIRA 9, 4º C.

15406 FERROL. A CORUÑA

R/ SAN FERNANDO 7. 15403 FERROL. A CORUÑA

325TOTAL

2065249008NJ6154N0001IEDESCOÑECIDO 220TOTAL