A Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio), convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.
c) Número do expediente: C.P. 36/2006.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza, recollida e traslado de residuos e roupa sucia no hospital Xeral e Policlínico Cíes.
b) Lugar de entrega: ver pregos.
c) Prazo de entrega: ver pregos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento total base de licitación.
Seis millóns novecentos sesenta mil euros (6.960.000 euros).
5. Garantía provisional: 139.200 euros.
Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
b) Domicilio: avda. das Camelias, 109.
c) Localidade e código postal: 36211 Vigo.
d) Teléfono: 986 21 91 03. Correo electrónico: contratacionesxeralcies*sergas.es
e) Telefax: 986 21 91 05.
f) Data límite de obtención de documentos: 20 de novembro de 2006.
7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica, financeira e solvencia técnica. Sistema de acreditación.
a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría D.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 27 de novembro de 2006.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Lugar de presentación: rexistro xeral do CHUVI (Hospital Nicolás Peña).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das ofertas.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas: 11 de decembro de 2006.
8.30 horas, sala de xuntas do CHUVI (Hospital Nicolás Peña).
10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios, o importe máximo estimado é de 3.500 euros.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 6 de outubro de 2006.
12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.
Vigo, 3 de outubro de 2006.
Manuel Sánchez Delgado
Xerente do Complexo Hospitalario
Universitario de Vigo

