No BOP de Ourense nº 267, do 21 de novembro de 2006, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante concurso, para a prestación do servizo de conserxaría e atención ao café-restaurante social do fogar dos maiores de Allariz. As proposicións presentaranse ata as 13.00 horas do décimo quinto día (15º) natural seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro do Concello de Allariz. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XI do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, na Secretaría do Concello de Allariz, praza Maior 1, ou por teléfono: 988 44 00 01 e fax: 988 44 00 78 ou na páxina web do Concello de Allariz www.allariz.com.
Allariz, 21 de novembro de 2006.
Francisco García Suárez
Alcalde

