A Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 8 de maio de 2006, (DOG nº 99, do 25 de maio), sobre delegación de com
petencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Área Sanitaria de Ferrol).
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).
c) Número de expediente: C.P. 19/2006.
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto: xestión e explotación do servizo de perrucaría para pacientes do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos da Área Sanitaria de Ferrol.
b) División por lotes e número: nun só lote.
c) Lugar de execución: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Prazo de execución: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Canon: a cantidade anual mínima que deberá aboar o concesionario será de 1.000 A.
* 875 A, canon pertencente á Hospital Arquitecto Marcide.
* 125 A, canon pertencente á Hospital Profesor Novoa Santos.
5. Garantía provisional.
* Provisional: 175 A.
* Definitiva: 200 A.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servizo de Subministracións do Hospital Arquitecto Marcide da Área Sanitaria de Ferrol.
b) Enderezo: estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Teléfono: 981 33 45 14.
e) Fax: 981 33 40 15.
f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
7. Requisitos específicos do contratista.
As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos da Área Sanitaria de Ferrol.
2. Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.
3. Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das proposicións.
a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos da Área Sanitaria de Ferrol.
b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade: Ferrol.
d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: a partir das 10.00 horas.
10. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 6.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.
* C.P. 19/2006. Punto 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. No seu caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos.
www.sergas.es
Ferrol, 23 de novembro de 2006.
Lourdes Buxaderas Juega
Directora da Área Sanitaria de Ferrol

